Skip to Content

OS CONSELLOS DE ORIENTACIÓN, POR AMALIA, MÍRIAM E XAQUÍN

26/03/2020 08:51
Europe/Madrid

Ola a todos/as. Que tal o levades?. Ante as circunstancias tan especiais que estamos a pasar, aí van 3 novos consellos:

1)    Xa estades a cumprir coas vosas rutinas diarias e a seguir un horario. Pois ben, nos esquezades o exercicio físico. Si estamos sen saír da casa é imprescindible movernos canto menos 1 hora diaria. Os que dispoñedes de bici estática, cinta de correr, ou espazo na casa, xa que dispoñedes de xardín ou horta, téndelo fácil. Os que non e vivides en pisos, debedes de seguir táboas de exercicios (hai moitas en internet) ou axudar coas tarefas da casa aos maiores (fregar, barrer, limpar, facer camas...). Veredes como estas tarefas exercitan de verdade.

 2)    Vixiade a vosa alimentación. O confinamento pode facer que tendamos a comer máis. Tratade de potenciar as froitas e verduras, eliminado as graxas na medida do posible. E recordade: SE NON TENDES FAME PARA COMER UNHA MAZÁN E QUE NON TENDES FAME.

 3)    Pensade en positivo. Non vos centredes naquelo que non podedes facer nesta situación, intentade pensar en todo o que podedes facer: descansar, estudiar, xogar, ler, oír música, ver series... tratade de desenvolver a vosa creatividade ante o aburrimento e non abusedes do móvil. Buscade un tempo para vos, uns 30 minutos ao día para organizarse e relaxarse. Comunicádevos coa vosa familia e non esquezades aos amigo/as. O humor é un excelente xeito de levar todo isto.

 E RECORDADE: SEMPRE HAI QUE SER FELIZ



story | by Dr. Radut