Skip to Content

Club de lectura, Blog da biblioteca, Novidades

SEMANA DO LIBRO: RECIBIMOS A VISITA DE LAURA SUÁREZ E CHARO PITA

27/04/2024 19:01
Europe/Madrid

 Nesta semana do libro o alumnado de Infantil e Primaria tivo a sorte de recibir a visita de dúas autoras cuxas obras desfrutaron os pequenos e pequenas de Infantil e Primaria. Laura Suárez desenvolveu un obradoiro de ilustración co alumnado de 2º, 3º, 4º e 6º de EP a partir do seu fermoso libro Monte Pindo.

Charo Pita fixo desfrutar ao alumnado de Infantil e 1º de EP cunha divertida sesión de contacontos.

 

E os nosos pequenos reporteiros e reporteiras aproveitaron a súa visita para facerlle unha entrevista a cada unha das nosas convidadas.

Aquí podedes escoitar a entrevista do alumnado de 2º de Primaria a Laura Suárez:

E aquí a entrevista do alumnado de 1º de EP a Charo Pita: 

Visita da escritora Ana Meilán

20/05/2023 20:41
Europe/Madrid

Co gallo do Día do Libro, a escritora de literatura infantil Ana Meilán visitou a nosa biblioteca escolar e partillou co alumnado de Infantil e Primaria sobre os seus fermosos relatos. 

GÚSTACHE LER E COMPARTIR LECTURAS? ÚNETE AO NOSO CLUB

17/09/2022 13:06
Europe/Madrid

Un curso máis o noso Club de Lectura de persoas adultas comeza a súa actividade. A través da lectura compartida, facemos da nosa biblioteca un lugar de encontro, debate e complicidade. 

Se che gusta ler e falar de libros, este é o teu club. Apúntate ao noso club! 

Podes escribirnos a equipobiblio@gmail.com ou enviar polos vosos fillos/as a folla de inscrición que tedes adxunta.

Encontro con Mª Eugenia Fernándes Montilla, enxeñeira técnica aeronáutica

07/03/2022 19:40
Europe/Madrid

O martes 8 de marzo, o alumnado de ESO conmemorará o Día da Muller e o Día da muller e a nena na ciencia e tecnoloxía participando dun encontro con Mª Eugenia Fernádes Montilla, enxeñeira técnica aeronáutica.

A Baña investiga, novo programa da nosa canle O Son da Baña

20/02/2021 13:34
Europe/Madrid

Presentamos o primeiro episodio de A Baña Investiga, un novo programa da nosa canle de radio O son da Baña no cal publicaremos traballos de investigación desenvolvidos polo noso alumnado. 

Este primeiro episodio foi realizado por un grupo de 4 alumnas e alumnos de 1º de ESO qe quixeron saber máis sobre a moda sostible e o impacto ambiental da industria da moda. 

O SON DA BAÑA: A canle de podcast do alumnado do CPI de San Vicente

28/01/2021 19:09
Europe/Madrid

Dentro do plan de innovación educativa Contratos-Programa da Consellería de Educación, o alumnado do CPI de San Vicente está a estrear a súa canle de podcast de radio O son da Baña. 

Nesta canle iremos publicando diversos programas especializados con entrevistas, reportaxes, traballos de investigación e tamén audiocontos para os máis pequenos.

Recomendacións literarias para o 25 N

23/11/2020 15:18
Europe/Madrid

Interesantísimas recomendacións de lectura sobre mullerers afoutas e pioneiras, feminismo e igualdade realizadas polas nosas reporteiras de A Baña Informa de 1º de ESO A e B.

Todas estas lecturas e moitas máis están á vosa disposición na nosa Biblioteca Escolar.

 

Venres 30: Magosto anti COVID

30/10/2020 11:20
Europe/Madrid

No cole da Baña non queremos que o virus nos impida celebrar o magosto, así que, en colaboración coa ANPA e cumprindo con todos os protocolos sanitarios, o venres 30 de outubro comeremos castañas no recreo (se o tempo nolo permite, claro...).

Para iso precisamos da colaboración de todas as familias enviando por cada neno/a unha manchea de castañas xa picadas e un recipente para recollelas de xeito individual. 

Nas aulas de Infantil e Primaria xa están elaborando os seus cucuruchos personalizados, pero pregamos que o alumnado de ESO traia para ese día un recipiente para recoller as súas castañas, que pode ser un sinxelo brick de leite valeiro e cortado pola metade. 

O reparto das mesmas farao o profesorado nas zonas de recreo asignadas a cada grupo e respectando en todo momento as distancias de seguridade e as medidas sanitarias que marca o protocolo COVID de centro. 

Se algunha nai ou pai quere colaborar coa preparación das castañas e a distribución das mesmas en caixas por cursos, pode comunicar coa ANPA (ampavieirodoensino@gmail.com) ou coa dirección do centro para coñecer os detalles de organización. 

XOVES EXPERTOS: XOEL VILACOBA

27/02/2020 11:45
Europe/Madrid

XOVES EXPERTO: LAURA BUJ E OLIVIA LOIS

13/02/2020 11:06
Europe/Madrid

Distribuir contido


by Dr. Radut