Skip to Content

Club de lectura, Blog da biblioteca, Novidades

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: SOFÍA GARCÍA

14/02/2019 13:36
Europe/Madrid

Segundo xoves experto, nesta ocasión en compañía de Sofía García, alumna de 3º de EP que nos falou do seu instrumento, a frauta traveseira.

De novo, o público interesouse polos instrumentos que nos amosou esta pequena e aplaudiu con emoción as súas interpretacións.

Para ver máis fotos, clica na imaxe!

 

XOVES EXPERTOS NA BIBLIOTECA: PABLO BLANCO

07/02/2019 13:11
Europe/Madrid

Hoxe comezamos a andaina dos nosos Xoves Expertos na Biblioteca Escolar.

Nesta ocasión Pablo Blanco, alumno de 5º de EP, falou ante un público atento, do seu instrumento, o saxofón, e tamén nos deleitou coa interpretación dun par de pezas co seu instrumento.

Clicando na foto terás a ligazón á galería de fotos.

 

CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "MEMORIA EN CONSTRUCIÓN"

29/01/2019 17:52
Europe/Madrid

Continuando co proxecto de recuperación do Patrimonio Cultural Material e Inmaterial do noso Concello, a Biblioteca Escolar convoca o Concurso de Fotografía sobre patrimonio Memoria en Construción

cartel concurso foto patrimonio

Aquí podedes consultar as bases para participar:

bases concurso foto

E no arquivo adxunto tedes a ficha informativa que debe acompañar cada unha das vosas fotografías.

Animádevos a participar e axudádenos a elaborar o noso mapa do patrimonio!!

ENCONTRO VIRTUAL CON LEDICIA COSTAS

02/05/2018 11:30
Europe/Madrid

O pasado venres, os alumnos de 4º, 5º e 6º de Primaria tiveron un encontro virtual coa escritora galega Ledicia Costas, clicando na imaxe podedes acceder á crónica e ás fotos do encontro publicadas no Blog da Biblioteca Escolar.

 

A señorita Bublle

 

PREMIOS CONCURSO DE FOTOGRAFÍA "AUGA"

24/03/2018 18:34
Europe/Madrid

A Biblioteca Escolar en colaboración co ENL, o Proxecto Ríos e o Proxecto Voz Natura ven de organizar un concurso de fotografía cuxa temátixa foi a auga.

O pasado xoves, 22 de marzo, Día Mundial da Auga, entregamos os premios aos pequenos e grandes artistas seleccionados, despois dunha difícil decisión por parte do xurado, xa que a participación foi alta e a calidade dos traballos, boísima.

Aquí tedes aos fachendosos premiados nas categorías de Infantil, Primaria e ESO  (os adultos premiados non poideron asistir á entrega dos premios pero xa llos fixemos chegar ás súas casas).

 

Se premedes na foto podedes ver o resto da reportaxe da entrega de premios:

premios fotografia auga

 

Ademáis, nestas presentacións podedes ver unha pequena selección dos traballos presentados nas 4 categorías. Esperamos que vos gusten e que a participación sexa aínda maior nos próximos concursos de fotos.

Parabéns, artistas!!

 

 

INFANTIL_PRIMARIA de Mar Sueiro

 

ESO ADULTOS 2 de Mar Sueiro

ARRANCAN AS ACTIVIDADES DE VOLUNTARIADO DE BIBLIOTECA

30/01/2018 20:22
Europe/Madrid

A Consellería de Educación ven de publicar a listaxe de centro admitidos nas actividades de Voluntariado de Biblioteca e o noso centro participa por primeira vez nesta fermosa actividade con 12 alumnos de 6º de EP e 7 de ESO. 

Este alumnado colaborador e voluntario, desenvolverá distintas actividades durante os recreos:

  • axudar ás profesoras responsables co servizo de préstamo e devolución así como a organización dos fondos
  • asesorar aos máis pequenos na procura e selección de lecturas
  • ensinar aos seus compañeiros a utilizar os ordenadores de consulta
  • e explicar as instruccións e a dinámica dos Xogos Educativos da biblioteca, para todos os pequenos que queiran aprender a xogar con eles

E, por outra banda, o alumnado de 6º de EP exercerán de PADRIÑOS de lectura dos pequenos de Educación Infantil, cos que compartirán a lectura de contos durante a Hora de Ler dúas veces ao mes.

Preme na imaxe e poderás ver aos orgullosos padriños cos seus pequenos afillados que, o vindeiro luns 5 de febreiro, desfrutarán da súa compañía lendo xuntos.

 logo voluntariado de lectura

ENCONTRO CON FRAN JARABA

19/01/2015 10:56
Europe/Madrid

FRAN JARABA COA DIRECTIVA

O pasado xoves 15 de xaneiro os alumnos de ESO tiveron un encontro co autor e ilustrador Fran Jaraba, antiguo compañeiro do centro.

Podedes ler a crónica da súa visita no blog da nosa Biblioteca.

NADAL DE LECTURAS

18/12/2014 00:09
Europe/Madrid

A biblioteca Escolar quere animar aos rapaces e rapazas así como ás súas familias a incluír libros entre os seus desexos e agasallos de Nadal.

E por se pode servir de axuda ou orientación, publica para todos eles estas guías de lecturas recomendadas para o Nadal que todos levarán nas súas mochilas, xunto cos seus boletíns de notas e unha chea de ganas de disfrutar do descanso, a familia e o fogar.

 

Para os alumnos de Infantil e Primaria recomendamos:

 

E para os mozos e mozas de ESO:

 

UN PROXECTO DE PREMIO!

03/11/2014 21:51
Europe/Madrid

A Consellería de Educación ven de publicar a resolución do Concurso de Traballo por Proxectos coordinados ou coa participación da Biblioteca Escolar, que convocou no pasado mes de maio coa intención de recoñecer boas experiencias de traballo por proxectos interdisciplinares ou de investigación coordinados ou apoiados pola Biblioteca Escolar.

Os nosos rapaces de 3º de Primaria (agora xa en 4º) xunto coa súa profesora, Mª Josefa Becerra, e sempre apoiados pola Biblioteca, desenvolveron un fermoso e completísimo traballo sobre a Nutrición ao que chamaron Comesán e que presentaron ilusionados ao concurso. Xunto con eles, participaron outros 91 centros de toda Galicia.

Lemos a resolución, nerviosos, e temos a enorme alegría de comprobar que estamos entre os 16 centros galardoados!!!!!

NORABOA, RAPACES, NORABOA, PROFE!

Nada mais fermoso que ver recoñecido o esforzo.

comesan 2014

   

CHEGOU O SAMAÍN AO CPI DE A BAÑA

30/10/2014 17:11
Europe/Madrid

Chegou o Samaín!!!

Tempo de contar historias de medo, comer castañas cos amigos e decorar as cabazas...

Aquí tedes unha pequena reportaxe gráfica de como decoraron o cole os noso pequenos nesta semana de esqueletes, morcegos, sustos e arañeiras.

 

CHEGOU O SAMAÍN on PhotoPeach

Distribuir contido


by Dr. Radut