Skip to Content

3º ESO

CALENDARIO DE PROBAS DE RECUPERACIÓN DE MATERIAS PENDENTES ESO

02/05/2024 14:50
Europe/Madrid

Plantando árbores con pinceis

O xoves, 4 de abril, o alumnado de 5º e 6º de primaria e da ESO estiveron "Plantando árbores con pinceis". Realizaron un obradoiro de bolsas de tea e pintaron un mural na aula de 4º ESO.

 

Visita á exposición Fact & Fiction de Helmut Newton

O xoves, 22  de marzo, o alumnado de 1º, 3º e 4º da ESO visitaron, na Coruña, a exposición Fact & Fiction de Helmut Newton, onde ampliaron os coñecementos sobre fotografía en xeral e sobre o autor en particular e tiveron a oportunidade de experimentar na creación fotográfica.

 

Programacións Didácticas 3.º ESO curso 2023-24

21/03/2024 16:23
Europe/Madrid

Alumnas de Oratoria obteñen o 5º posto na primeira xornada do Torneo de Debate Académico de Galicia

24/01/2023 11:04
Europe/Madrid

 

Cinco alumnas da materia de Oratoria de 3º de ESO (Uxía, Paula, Rosalía, Laura e Sara) acudiron onte á primeira fase do Torneo de Debate Académico de Galicia organizado pola Fundación Barrié. 

ALUMNADO DE 3º DE ESO FINALISTAS DO CONCURSO INCUBADORA DE SONDAXES

18/06/2019 18:54
Europe/Madrid

Un ano máis, dous equipos de 3º de ESO acudiron á Facultade de Matemáticas da USC para asistir á final do IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. 

O equipo formado por Adrián Manteiga, Andrés Seoane, Nicolás Andujar e Érika Otero presenteron na final o seu proxecto O Efecto Rock & Roll, que estudaba os efectos positivos da música no rendemento deportivo. Este proxecto foi merecedor do premio de Finalistas.

Así mesmo, o equipo formado por Alba Neira, Carlota Rodríguez, Noa Quintáns e Sarai Fariña, aínda que non chegou á final, foi recoñecido cunha mención especial polo seu proxecto Orgullo e Prexuizo, no cal estudaban a incidencia dos estereotipos de xénero entre o noso alumnado. 

Parabéns a todos eles polo seu traballo e á profesora, Paula, pola súa dedicación.

Unha fermosa experiencia que, de seguro, recordarán para sempre.

O alumnado de 3º de ESO acudiu ao completo para animar aos seus compañeiros, calmar os seus nervios e aplaudir a súa intervención.

Clica na imaxe para ver a reportaxe gráfica completa desta mañán inesquecible.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut