Skip to Content

ALUMNADO DE 3º DE ESO FINALISTAS DO CONCURSO INCUBADORA DE SONDAXES

18/06/2019 18:54
Europe/Madrid

Un ano máis, dous equipos de 3º de ESO acudiron á Facultade de Matemáticas da USC para asistir á final do IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. 

O equipo formado por Adrián Manteiga, Andrés Seoane, Nicolás Andujar e Érika Otero presenteron na final o seu proxecto O Efecto Rock & Roll, que estudaba os efectos positivos da música no rendemento deportivo. Este proxecto foi merecedor do premio de Finalistas.

Así mesmo, o equipo formado por Alba Neira, Carlota Rodríguez, Noa Quintáns e Sarai Fariña, aínda que non chegou á final, foi recoñecido cunha mención especial polo seu proxecto Orgullo e Prexuizo, no cal estudaban a incidencia dos estereotipos de xénero entre o noso alumnado. 

Parabéns a todos eles polo seu traballo e á profesora, Paula, pola súa dedicación.

Unha fermosa experiencia que, de seguro, recordarán para sempre.

O alumnado de 3º de ESO acudiu ao completo para animar aos seus compañeiros, calmar os seus nervios e aplaudir a súa intervención.

Clica na imaxe para ver a reportaxe gráfica completa desta mañán inesquecible.

 



story | by Dr. Radut