Skip to Content

Club de lectura

GÚSTACHE LER E COMPARTIR LECTURAS? ÚNETE AO NOSO CLUB

17/09/2022 13:06
Europe/Madrid

Un curso máis o noso Club de Lectura de persoas adultas comeza a súa actividade. A través da lectura compartida, facemos da nosa biblioteca un lugar de encontro, debate e complicidade. 

Se che gusta ler e falar de libros, este é o teu club. Apúntate ao noso club! 

Podes escribirnos a equipobiblio@gmail.com ou enviar polos vosos fillos/as a folla de inscrición que tedes adxunta.

O CLUB DE LECTURA DE ESO RECIBE UNHA AXUDA DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

O Club de Lectura Ars Legendi, integrado por alumnos de distintos niveis de ESO, recibe unha axuda de 900 € para a adquisición de libros e a organización de actividades arredor da lectura compartida. Un magnífico impulso para seguir adiante que agradecemos moito nestes momentos tan duros e que, de seguro, saberemos aproveitar xuntos.

Aquí tedes a resolución da convocatoria: http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node%2F500

 

Para coñecer as lecturas nas que andamos enfrascados non deixes de visitar o noso blog!

E para apuntarte nun dos grupos, non tes máis que falar con Ana, Mar ou Mari, as tres profes coordinadoras!

ANÍMATE!

Distribuir contido


by Dr. Radut