Skip to Content

O horto escolar

Primeiro obradoiro no horto escolar

22/10/2023 17:20
Europe/Madrid

O venres 20 de outubro comezaron os obradoiros do horto escolar deste curso 2023-2024. 

Alumnado de ESO, Infantil e Primaria desfrutaron, entre outras actividades, dunha clase práctica sobre herbas aromáticas e sementaron chícharos.

Todo isto na marabillosa compaña dos usuarios do Fogar de Ceilán e a Fundación de Discapacitados Psíquicos da Barcala.

 

O cociñeiro André Arzúa visita o noso horto ecolóxico

20/05/2023 20:27
Europe/Madrid

O venres 21 de abril tivemos unha fermosa visita no noso horto escolar, o cociñeiro André Arzúa veu visitarnos e coñecer o noso traballo no horto escolar. 

Alí colaborou con nós na plantación de cabaciñas, chícharos e outros productos en compañía de Carmen Freire e dos nosos fantásticos compañeiros de faena, os usuarios da Fundación para a protección dos Discapacitados Psíquicos da Barcala e do Fogar Residencia e centro de día de Ceilán. Unha fermosa comunidade arredor dun proxecto de consumo sostible no cal participa tamén a AFA Avania.

Ademáis, recibimos unha visita moi especial, o reporteiro da Radio Galega Quique Magdalena, quen partillou cos pequenos e pequenas agricultures, coa profe Iria e con André para o programa Galicia por Diante

AS HORTO PATRULLAS TRABALLAN NA COMPOSTAXE

04/03/2023 11:47
Europe/Madrid

Coas mans na terra: Do horto ao prato

30/05/2022 18:35
Europe/Madrid

Hoxe o alumnado de 2º, 3º e 4º de primaria recolleu os primeiros froitos do noso horto que serán degustados esta semana no noso menú escolar.

Do horto ao prato!

 

Coas mans na terra: Horto de inverno

Onte a rapazada de 2º e 3º de EP desfrutou da súa terceira xornada de formación no noso horto escolar ecolóxico da man de Carme Freire. 

Miñocas, minerais e as súas funcións, pupas, mofos e outros seres vivos, tomates, pementos, leitugas... Canta información!

Volveremos ao horto con Carme o vindeiro mes de febreiro!

 

Bota a andar o noso horto escolar

22/11/2021 19:38
Europe/Madrid

botas de auga

As nosas botas de auga, listas para saír a traballar na horta.

O venres 19 de novembro iniciamos o noso traballo no horto escolar, dentro do programa CPInnova.

Alumnado de 2° e 3° de Primaria comezou a súa formación da man de Carme Freire.

Gozamos e aprendimos unha chea de cousas!

Distribuir contido


by Dr. Radut