Skip to Content

Encontro con Mª Eugenia Fernándes Montilla, enxeñeira técnica aeronáutica

07/03/2022 19:40
Europe/Madrid

O martes 8 de marzo, o alumnado de ESO conmemorará o Día da Muller e o Día da muller e a nena na ciencia e tecnoloxía participando dun encontro con Mª Eugenia Fernádes Montilla, enxeñeira técnica aeronáutica.

A finalidade da charla é visualizar a muller dentro do mundo laboral, particularmente dentro do campo científico-técnico, campo que sempre se tendeu a vincular co xénero masculino, e onde as mulleres sempre estiveron nun segundo plano. Afortunadamente esa visión vai cambiando pouco a pouco co paso dos anos, e temos en Mª Eugenia un exemplo diso.  



story | by Dr. Radut