Skip to Content

"O RECUNCHO DE VALENTINA"

03/04/2020 23:57
Europe/Madrid

Ola nenas e nenos!

Hoxe queremos presentarvos a Valentina!!

Valentina vainos acompañar durante estes días propoñendo actividades e tarefas divertidas que podedes facer sempre que vos apeteza. Valentina é científica, fotógrafa, cociñeira, exploradora, artista, escritora…e moi, moi soñadora e creativa, queredes coñecela?

 

Aquí está, coa súa cámara de fotos, desexando comezar esta andaina!

En primeiro lugar, Valentina quere ensinarnos este vídeo. Desde aquí queremos darlle a noraboa ao CEIP Quiroga Palacios por facer esta versión tan inclusiva da canción “Resistiré”.

 

 

Ademais, tráenos unha proposta que seguramente vos vai encantar:

FACER A NOSA PROPIA PLASTILINA CASEIRA

 

Para logralo, escribiunos a receita, mirade. Podes escribilo nun papel para facelo máis práctico e recorda que cada receita ten dúas partes principais: os ingredientes que precisamos e os pasos para elaboralos.

 

Agora…a xogar! Amasa a plastilina, estíraa, fai diferentes figuras: bolas, churros, edificios, personaxes, letras…

Se queres, podes facer fotografías do que fixeches e envíalas aos nosos correos electrónicos co hashtag:

 

  • #EUQUEDONACASA.

 

Para rematar, Valentina, quere amosarnos tamén este vídeo. Algúns artistas están colaborando para facernos máis fácil a estancia na casa estes días. Este é o caso do “Circo do sol” que nos ofrece parte do seu espectáculo dunha hora.

 

 

Ata pronto nenos e nenas! Vémonos á volta destas vacacións de Semana Santa!



story | by Dr. Radut