Skip to Content

Nova parada de tranporte escolar no lugar de Menlle, Troitosende

23/06/2021 17:57
Europe/Madrid

BOAS NOVAS!

Despois de longos trámites administrativos, a Xefatura Territorial ven de incluír na área de escolarización do noso CPI a parroquia de Troitosende e, en consecuencia, tamén foi aprobada unha nova parada de transporte escolar no lugar de Menlle. 

 

Deste xeito, todas as familias da parroquia bañesa de Troitosende poderán escolarizar aos seus fillos e fillas no noso centro, co mesmo dereito ao servizo de transporte que o resto do noso alumnado e sen ter que desprazarse máis de 3 km á parada máis cercana como ata o de agora.  



story | by Dr. Radut