Skip to Content

ANDAINA DAS LETRAS 2022

15/05/2022 12:54
Europe/Madrid

Continuando co noso proxecto de vida saudable e de coñecemento da riqueza natural, cultural e patrimonial da nosa contorna, o vindeiro xoves 19 de maio, o alumnado e profesorado do cole vai sair camiñar para conmemorar o Dïa as Letras Galegas.

O alumnado de ESO participará nunha ruta literaria pola parroquia de Cabanas en compañia do autor da novela As rapazas de Xan, Manuel Iglesias Turnes.

 

E nesa mesma mañá, o alumnado de Infantil e Primaria conmemorará tamén o día das Letras Galegas camiñando polos lugares máis fermosos e significativos do patrimonio natural e industrial do noso concello: a antiga fábrica de luz e o muíño restaurado de Nantón que poderán ver funcionar grazas á xenerosidade do seu dono, Paco. 



story | by Dr. Radut