Skip to Content

Glass City

GLASS CITY: A CIDADE DE CRISTAL

O xoves día 15 de decembro os alumnos/as de 3º e 4º da E.S.O fomos de excursión a Santiago e tivemos o privilexio de ver no Teatro Principal “Glass city”, un musical en galego.

Este contaba, dunha maneira sinxela e entretida, as vacacións que Francisco Franco e a súa muller, Carmen Polo, pasaban no pazo de Meirás (A Coruña), e un fallido intento de atentado, entretecido cunhas historias de amor. 

Glass City é unha reflexión sobre unha época esquecida”, comentaba o director do musical á “La Voz de Galicia”.

Este musical ensinounos a comprender mellor aquela época, así como a falarnos do franquismo dunha maneira divertida.

O elenco de actores contaba con dúas bailarinas de ballet e impresionantes bailes e cancións, ademais de historias de amor, amizade, pelexas, carraxe...

Dende o meu punto de vista, é un musical máis que recomendado!





Andrea Quintáns Rey 3º ESO A



page | by Dr. Radut