Skip to Content

Biografía de Ramón Piñeiro

RAMÓN PIÑEIRO

 


Este ano dedícaselle o
Día das Letras Galegas ao político, escritor e filósofo Ramón
Piñeiro.Ramón Piñeiro naceu na aldea luguesa da Armea, en
Láncara, na casa feita con moito esforzo polos seus país en 1915.
De feito, súa nai tivo que emigrar a Arxentina e traballar de criada
para ganar os suficientes cartos e rematar a casa. Agora só viven
nela a súa irmá Consuelo e a súa sobriña. Piñeiro era un neno
fóra do normal para a súa idade, un neno que destacaba entre os
demais, e aburríase na escola. Cando saía a levar as vacas collía
un garabullo e escribía sobre a terra mollada. Aos dezasete anos
Ramón escribiu o seu primeiro artigo de política na revista Yunque
. Presidiu as Mocidades Galeguistas de Láncara e traballou nas
Mocidades Galeguistas de Lugo. Invitan a D.Ramón Otero Pedrayo a dar
unha conferencia no Instituto Masculino de Lugo. Piñeiro vaino
recibir á estación do tren e teñen unha animada conversa durante
un par de horas no café Méndez Núñez da que Otero queda
gratamente impresionado pola sabedoría daquel rapaz de 17 anos e vai
dicindo que en Lugo coñece a un rapaz que é un verdadeiro Erasmo.
Será o comezo dunha amizade que o levará a coñecer a outros
galeguistas aos que admiraba, como Castelao , e acabará nun longo
traballo con eles a prol do Estatuto de Galicia. Será tamén Pedrayo
quen o convide a participar no Mitin das Arengas, na praza da
Quintana, o Día de Galicia de 1935.No 36 estala a guerra e agóchase
na cidade das murallas pero vese obrigado a loitar no bando
franquista. Unha vez acabada a guerra Piñeiro viaxa a París para
negociar que Castelao formase parte do Goberno da República que
estaba exiliado alí. Aínda que acabou conseguindo o que quería,
Piñeiro volveu moi desilusionado coas posibilidades de restablecer a
República. É capturado nunha reunión clandestina con galegos
,vascos e cataláns nunha cafetería de Madrid e condenárono a seis
anos de cárcere dos que cumpriu tres. Desa experiencia saíu cunha
profunda decepción no comportamento humano, que o leva a retomar o
seu gusto pola filosofía, ademais de cunha importante enfermidade na
vista. Pouco despois de saír do cárcere funda con Francisco
Fernández del Riego a editorial Galaxia da que foi director. Tamén
se fundou a colección Grial que prohibiron no 4º número,xa que
pretendía dignificar o ensaio en galego e abrir Galiza a Europa.
Piñeiro foi vivir a Santiago na rúa Xelmírez no número 15. Alí
tiña a súa famosa mesa camilla na que daba aos máis novos a
súa visión de Galicia exercendo un auténtico maxisterio.. Ingresou
na Real Academia Galega cun discurso titulado Da linguaxe e as
linguas. Presidiu o Consello da Cultura Galega. Foi deputado no
Parlamento de Galicia. Aquí puido realizar o labor do cal se sentiu
sempre máis orgulloso: A elaboración da Lei de Normalización
Lingüística que foi aprobada por unanimidade .Antes de rematar a
lexislatura Ramón Piñeiro xa consideraba que o seu labor a prol da
defensa de Galiza no eido político xa rematara e decidiu non volver
presentarse. Continuou traballando no seu piso de Xelmírez onde
viviu ata a súa morte en 1990.

Non lle podemos facer
mellor homenaxe que lembrar as súas propias palabras:

“A lingua é a bandeira
da nosa solidariedade moral”



page | by Dr. Radut