Skip to Content

Educación Física, Física e Química, Música, Lingua Inglesa, Matemáticas, Orientación, Tecnoloxía, Lingua Francesa, Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Castelá e Literatura, Lingua Galega e Literatura, Educación Plástica e Visual, CC.SS. Xeografía e Historia, Economía, Relixión Católica

Bolsas do Ministerio de Educación de axuda ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

16/09/2020 20:15
Europe/Madrid

Na web do Ministerio de Educación podedes acceder á información e solicitude das Becas de ayuda a alumnado con necesidades específicas de apoyo educativo.

 

Se precisades información ou asesoramento para a súa solicitude, concertade unha cita co orientador do centro chamando ao 881867001, 881867004 ou por correo electrónico a denis@edu.xunta.gal

OS CONSELLOS DE ORIENTACIÓN, POR AMALIA, MÍRIAM E XAQUÍN

26/03/2020 08:51
Europe/Madrid

Ola a todos/as. Que tal o levades?. Ante as circunstancias tan especiais que estamos a pasar, aí van 3 novos consellos:

1)    Xa estades a cumprir coas vosas rutinas diarias e a seguir un horario. Pois ben, nos esquezades o exercicio físico. Si estamos sen saír da casa é imprescindible movernos canto menos 1 hora diaria. Os que dispoñedes de bici estática, cinta de correr, ou espazo na casa, xa que dispoñedes de xardín ou horta, téndelo fácil. Os que non e vivides en pisos, debedes de seguir táboas de exercicios (hai moitas en internet) ou axudar coas tarefas da casa aos maiores (fregar, barrer, limpar, facer camas...). Veredes como estas tarefas exercitan de verdade.

 2)    Vixiade a vosa alimentación. O confinamento pode facer que tendamos a comer máis. Tratade de potenciar as froitas e verduras, eliminado as graxas na medida do posible. E recordade: SE NON TENDES FAME PARA COMER UNHA MAZÁN E QUE NON TENDES FAME.

 3)    Pensade en positivo. Non vos centredes naquelo que non podedes facer nesta situación, intentade pensar en todo o que podedes facer: descansar, estudiar, xogar, ler, oír música, ver series... tratade de desenvolver a vosa creatividade ante o aburrimento e non abusedes do móvil. Buscade un tempo para vos, uns 30 minutos ao día para organizarse e relaxarse. Comunicádevos coa vosa familia e non esquezades aos amigo/as. O humor é un excelente xeito de levar todo isto.

 E RECORDADE: SEMPRE HAI QUE SER FELIZ

CONSELLOS DE AMALIA, MIRIAM E XAQUÍN PARA AS FAMILIAS

20/03/2020 16:10
Europe/Madrid

Dende o departamento de Orientación do CPI San Vicente da Baña, propoñemos as seguintes recomendacións xerais dirixidas ás familias de todo o alumnado para pasar estes días non lectivos na casa:

 

O CORONAVIRUS

Seguramente vos preguntaredes se tedes ou non que falar do coronavirus coas nenas e nenos. Dende o centro educativo recomendamos que o fagades, adaptando o discurso a idade e capacidade de comprensión do alumnado. Os nenos e nenas, independentemente da súa idade,  xa escoitaron falar do que é, polo que o noso papel pasa por informalos na medida do posible co fin de axudalos a comprender mellor a situación que estamos a vivir e, sobre todo, tratar de tranquilizalos. O máis importante é que esteamos abertos a escoitar e responder as preguntas que os pequenos poidan ter sobre a situación actual. A nosa misión consiste en axudarlles a controlar a situación e calmar a súa ansiedade. 

Existen numerosos recursos dispoñibles para falar ou explicar o tema aos máis pequenos:

  

  A RUTINA DIARIA

Establecede unha nova rutina. Está claro que este cambio de situación pode xerar malestar entre todos os membros da familia. Para tratar de controlar a situación o máis axeitado é establecer unha rutina diaria, que se adapte á realidade e situación particular que está a pasar cada familia. Para as nenas e nenos, será máis sinxelo se empregamos soportes visuais como horarios escritos ou con imaxes sobre como se vai a organizar a xornada. Este aspecto é moi importante, principalmente porque ademais de axudar ao alumnado a estruturar o tempo, favorece o sentimento de orde e seguridade para afrontar estes días na casa.

Desta forma, suxerimos que establezades un horario combinando tanto de tarefas propias do fogar (facer a cama, algunha receita, varrer, fregar, recoller…) como as que se propoñen desde os centros educativos e tempo de lecer. Para que isto sexa posible, podedes dedicar un tempo da mañá a decidir como transcorrerá a xornada e escribilo nun calendario/horario. Ao final da xornada, podedes falar sobre o grao de consecución de cada unha das tarefas previamente establecidas.

O EXERCICIO FÍSICO

 Non esquezas o exercicio físico. Ademais de darlle prioridade máis que nunca aos hábitos de hixiene (lavade moito as mans), non podemos esquecer a idea de facer exercicio e descargar enerxía, pero: como facemos isto dende a casa? Podemos establecer, dentro das nosas rutinas, unha que teña que ver coa relaxación-estiramento como o ioga para nenos; e ademais crear pequenos espazos de “exercicio” na casa:

 

A LECTURA

É unha grande oportunidade para dedicarlle tempo á lectura. Aproveitade para fomentar a lectura entre os nenos e nenas ou dedicade un tempo diario a contarlles contos no caso de que non saiban ler. Para favorecer a linguaxe, podedes facelo tratando de seguir as seguintes estratexias:

Reparamos na portada, título, debuxo… tratando de anticipar o seu contido… de que tratará? Por que se titulará así?

Comezamos a ler, deténdonos cando non entendemos algo. Se non entendemos unha palabra, intentamos adiviñar o seu significado pola frase na que se atopa e senón buscámola no dicionario.

Ímonos facendo preguntas do que imos lendo. Onde ocorre?, A quen? Que personaxes apareceron ata agora?, Que ocorre?, Que penso que vai ocorrer ó final?

Cando rematemos de ler podemos facer un pequeno resumo oral, tamén inventar outro final ou incluso realizar un debuxo.

A LINGUAXE

Para traballar a linguaxe. Podedes votar man de xogos clásicos como o vexo-vexo, palabras encadeadas, sopas de letras…Tratar de escribir notas, mensaxes de whatsapp aos nosos familiares, cartas, a lista da compra… Propoñer e traballar “a palabra do día”: escribir unha palabra e pensar: Por que letra empeza? Por que letra remata? Cantas letras ten? Cantas vogais? Cantas consoantes? Cantas sílabas ten? Cal é a sílaba forte? Debúxaa. Escribe/di unha frase con ela.

AS MATEMÁTICAS

 

Para traballar conceptos matemáticos. Podedes analizar os recibos da compra, facer compras imaxinarias con elementos recortados dos folletos de supermercados… (facer a suma de todos os produtos, canto nos falta? Canto nos devolven?...).

OUTRAS ACTIVIDADES

Actividades sinxelas de facer, con elementos que seguramente teñamos na casa como cartóns ou pinzas. Plantexaranse como un xogo.

 Manualidades, crebacabezas, obras de teatro, teatro de sombras…e tamén tempo libre para que o dediquemos ao que máis nos apeteza no momento. 

Un saúdo e moito ánimo para estes días de corentena.

 

A mestra de Pedagoxía Terapéutica, Amalia Núñez Vallo

A mestra de Audición e Linguaxe, Miriam Sánchez Fornos

 

O orientador, Joaquín Suárez Denis

OS 3 CONSELLOS SEMANAIS DE XAQUÍN

18/03/2020 12:27
Europe/Madrid

Ola  a todos/as. Ante a nova situación excepcional que estamos a pasar , dende o Departamento de Orientación queremos darvos unha serie de consellos  diarios que vos poidan axudar. Moito ánimo e COMEZAMOS:

  1. Non estamos en período de  vacacións así que, é conveniente  seguir cos estudos a diario. Consultade todos os días a páxina web do noso centro, onde atoparedes as distintas tarefas que se propoñen nas materias.
  2. Elaborade un horario real que vos permita adaptarvos ao traballo na casa. Hai tempo de sobra para traballar pola mañá e pola tarde. Non esquezades ningunha materia xa que, ides ter traballo en todas.
  3. Aparte das tarefas, non descoidedes o estudo dos temas que se foron dando nas clases. Recordade que, o que fagades na casa é obrigatorio e que, do temario dado no que vai de trimestre, si se farán exames.

RECORDADE: SEMPRE HAI QUE SER FELIZ

E se o precisades, escribídeme: denis@edu.xunta.gal

Instrucciones del Dpto. de Inglés para el período de suspensión de clases

17/03/2020 13:57
Europe/Madrid

Todos los cursos de ESO tenían exámenes previstos, que se realizarán al reanudarse la actividad lectiva. Por tanto, el alumnado debe estudiar la materia vista hasta este momento y preparar las pruebas.

Lo mismo ocurre con el alumnado que tiene la materia pendiente de cursos anteriores: todos tienen trabajo de repaso y recuperación.

KILÓMETROS DE SOLIDARIEDADE

18/11/2019 14:22
Europe/Madrid

O vindeiro mércores 20 de novembro todo o alumnado do CPI de San Vicente conmemorará o Día dos Dereitos do Neno e a Nena participando na Carreira Escolar Solidaria Kilómetros de Solidariedade, organizada pola ONG Save the Children. 

Dende o cole queremos animar ás familias e veciños a sumarse a esta fermosa iniciativa como patrocinadores dos nosos pequenos corredores e corredoras. Por cada volta ao noso circuito, recaudarán 1 € para os nenos e nenas Rohingya que viven en terribles circunstancias de pobreza e fame na antiga Birmania.

HORARIOS PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

04/09/2019 12:06
Europe/Madrid

Informamos dos horarios do período de adaptación do alumnado de 4º de Educación Infantil entre os días 11 e 20 de setembro.

 

 

ALUMNADO DE 3º DE ESO FINALISTAS DO CONCURSO INCUBADORA DE SONDAXES

18/06/2019 18:54
Europe/Madrid

Un ano máis, dous equipos de 3º de ESO acudiron á Facultade de Matemáticas da USC para asistir á final do IX Concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO. 

O equipo formado por Adrián Manteiga, Andrés Seoane, Nicolás Andujar e Érika Otero presenteron na final o seu proxecto O Efecto Rock & Roll, que estudaba os efectos positivos da música no rendemento deportivo. Este proxecto foi merecedor do premio de Finalistas.

Así mesmo, o equipo formado por Alba Neira, Carlota Rodríguez, Noa Quintáns e Sarai Fariña, aínda que non chegou á final, foi recoñecido cunha mención especial polo seu proxecto Orgullo e Prexuizo, no cal estudaban a incidencia dos estereotipos de xénero entre o noso alumnado. 

Parabéns a todos eles polo seu traballo e á profesora, Paula, pola súa dedicación.

Unha fermosa experiencia que, de seguro, recordarán para sempre.

O alumnado de 3º de ESO acudiu ao completo para animar aos seus compañeiros, calmar os seus nervios e aplaudir a súa intervención.

Clica na imaxe para ver a reportaxe gráfica completa desta mañán inesquecible.

 

GAÑADORES DO CONCURSO "BIODIVERSIÓN"

09/04/2019 11:52
Europe/Madrid

 

O cole está de noraboa porque 3 alumnos de 6º de Primaria veñen de ser galardonados no IX Concurso de Biodiversión organizado polo CSIC, FECYT e IIAC. 

 

Os galardonados son:

  • Anxo Areán Recarey co 1º Premio de Relatos.
  • Ismael Rey Lourido co 2º Premio de Relatos.
  • Martín Liñares Grille co 1º Premio de Debuxo.

Parabéns aos nosos artistas e pequenos científicos!!!

Distribuir contido


by Dr. Radut