Skip to Content

Bioloxía e Xeoloxía, Inglés, Matemáticas, Orientación, Lingua galega, Educación Plástica Visual, Música

Fotografía en curso 2022/23

Sigue os avances de 1º ESO con "Fotografía en curso" no perfil de instagram do departamento de artes plásticas: Galería O Cruce

Participamos na XVI Feira Matemática en A Coruña, organizada por Agapema

O pasado sábado 15 de abril de 2023, participamos en Palexo (A Coruña) na XVI Feira Matemática organizada por Agapema. As alumnas de 3º ESO Sara Pereiro Vázquez e Yurena Rodríguez Rey, en representación das súas compañeiras e compañeiros, xunto co seu profesor de Bioloxía e Xeoloxía, Xacobo de Toro, atenderon o stand do Colexio oficial de Médicos de A Coruña amosando o seu proxecto RCP e convidaron aos asistentes á feira a fabricar os seus torsos con materiais reciclados.

Podcast con entrevista a músicos do noso colexio

Neste enlace podedes escoitar a entrevista que fixo Ainara,de 3º B, a algúns dos talentos musicais do noso centro: Elia,de 2º A; Celia, de 3º B;e Martín, de 4º B.Nela contan as actividades musicais que realiza cada un deles fora do horario escolar, e podedes escoitar tamén unha peza que toca Martín na gaita.

Moitas grazas a os catro por este primeiro programa de  Música no Cruce,o programa musical de Radio Aloumiños.

https://go.ivoox.com/rf/105042689

 

POÑENDO EN VALOR O NOSO

Para completar os traballos realizados polo alumnado de 2ºB hoxe percorremos Cerceda na procura de máis información sobre Sogama, os cruceiros do concello, o carballo gordo e o río Lengüelle.

Comezamos por visitar as instalacións de Sogama, onde nos concienciaron sobre a necesidade da reducir, reciclar e reutilizar.

A continuación iniciamos un roteiro polos cruceiros do concello comezando polas Encrobas, seguindo por Meirama, Cerceda, Queixas, Xesteda e Rodís. Desgraciadamente, por problemas de horario tivemos que deixar de visitar os da Silva.

Tamén por problemas, pero neste caso mecánicos, non puidemos achegarnos ao carballo gordo de Cerdeira.

Por último, completamos o día percorrendo a Vía verde dende a estación de Fosado (Ordes) ata a de Xesteda (Cerceda).

Un día longo pero diferente no que aprendemos moito.

Premio para o alumnado de 3º ESO no concurso escolar sobre RCP do Colexio Oficial de Médicos

Premio RCP

No día de hoxe o alumnado de 3º ESO recibiu na Cidade de Cultura un premio pola súa participación no concurso escolar sobre reanimación cardiopulmonar do Colexio Oficial de Médicos. Os centros premiados foron xunto co noso, Centro Público Integrado CPI O Cruce, o instituto IES Perdouro de Burela, o colexio Peleteiro de Santiago de Compostela e o colexio CEIP Isidro Parga Pondal de Oleiros. 

Saída a Santiago

O 24 de febreiro fixemos unha saída a Santiago co alumnado de 2º ESO.

Asistimos   ao concerto de música tradicional galega Música e evolución, que tivo lugar no Auditorio de Galicia e contou con  Pablo Carpinteiro Arias e Rosa Sánchez.

ROSALÍA E/É MÁIS

Para celebrar o Día de Rosalía (aínda que un día atrasado) levamos a cabo unha saída moi interesante co alumnado de 2º ESO. Ao longo da mañá realizamos as seguintes actividades:

  • paseo pola Compostela de Rosalía, 
  • xincana no Museo do Pobo Galego, “Museo en test”
  • concerto didáctico no Auditorio de Galicia, “Música e evolución humana”,
  • traballo sociolingüístico no Centro Comercial As Cancelas.

Sen dúbida, un día para lembrar.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut