Skip to Content

Taboleiro

A Voz de Galicia lembra que o noso alumnado foi pioneiro en reclamar a oficialidade do galego no Parlamento Europeo

Moitos de vós lembraredes que hai dous anos co gallo da nosa participación no programa de escolas embaixadoras do Parlamento Europeo, alumnado de 4ºESO iniciou en redes sociais unha campaña para oficializar a lingua galega no Parlamento Europeo que tivo moita repercusión. Hoxe en La Voz de Galicia lembran que o noso alumnado foi pioneiro nesa reivindicación.

Máis info | La Voz de Galicia

 

Normas do comedor escolar

Participamos na Open Science 2023 en Cambre

Comezamos o curso coa participación na Feira científica Open Science 2023 que se celebra anualmente no mes de setembro e na que se dan cita centros educativos, universidades, asociacións e científicas e científicos tanto do panorama nacional coma do internacional. Podedes ver imaxes e videos da feira nas historias destacadas do noso perfil de instagram de Ciencia o Cruce.

Máis información | Open Science Cambre

Axuda e instrucións para o pagamento do servizo de comedor

O pagamento do servizo de comedor pódese facer presencialmente no banco co impreso correspondente que facilita o centro educativo, pero tamén de xeito telemático a través de dúas canles:

  • Pagamento con tarxeta, a través de Espazo Abalar (non confundir coa aplicación Abalar Móbil) e a plataforma do CIXTEC, con calquera navegador se dispoñemos de certificado dixital ou chave 365. Neste caso o impreso de aboamento de taxas está xa previamente cargado na aplicación.
  • Pagamento con tarxeta (ou Bizum), a través a Oficina Virtual ATRIGA e TPV con calquera navegador e acceso libre, sen necesidade de identificación. Neste caso podemos recoller/solicitar o impreso no centro educativo para coñecer o importe ou calculalo nós mesmos multiplicando o prezo por día polo número de días nos que o/a alumno/a utilizou o servizo de comedor no mes en cuestión.

A vantaxe do uso do Espazo Abalar é que, se empregamos ese método de pago, non é necesario presentar xustificante do mesmo no centro. Nos outros casos haberá que presentar o xustificante do pago presencialmente ou enviándoo por correo electrónico.

A continuación deixámosvos as ligazóns para acceder ás dúas plataformas e unhas indicacións de axuda en relación cos procedementos.

 

                         

 

INSTRUCIÓNS PARA O PAGO A TRAVÉS DA OFICINA VIRTUAL DA AXENCIA TRIBUTARIA DE GALICIA (ATRIGA)

 

 

Calendario escolar 2023/24

Calendario 2023-24 edu xunta

Libros de texto curso 2023/2024

Achégase o listado de libros de texto para o curso 2023/2024 no ficheiro adxunto.

Información final de curso 2023/24

Distribuir contido


by Dr. Radut