Skip to Content

Taboleiro

Nova versión do protocolo de adaptación do contexto da Covid-19 e incorporación gradual do alumnado ao inicio do curso

Actualización: modificación das datas de inicio do curso en ESO, despois do anuncio da Xunta da decisión de adiar o mesmo.

O curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado:

  • O xoves 10 de setembro iniciará o curso o alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • O venres 11 de setembro, iniciarán o curso escolar as alumnas e os alumnos de 6º de Educación Infantil e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • O mércores 16 23 de setembro volverán ás aulas os alumnos e as alumnas de 1º e 2º de ESO.
  • O xoves 17 24 de setembro farao o alumnado de 3º de ESO.
  • E finalmente o venres 18 25 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de ESO.

Este calendario gradual facilitará a adaptación do alumnado ás novas dinámicas do centro.

Por outra banda, as "Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021" poden consultarse na seguinte ligazón: Protocolo Covid versión 31/08.

Ponse tamén a disposición unha versión reducida do protocolo (36 páxinas) denominada: "Guía resumo"

Publicado o "Protocolo de adaptación ao contexto da covid-19" para o curso 2020-2021

O documento diríxese ao alumnado, ao persoal docente e non docente e ás familias, dado que manter a seguridade nos centros depende de toda a comunidade educativa. Trátase dun protocolo avalado polas autoridades sanitarias autonómicas e que será obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisións que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais:

"PROTOCOLO DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO DA COVID 19 NOS CENTROS DE ENSINO NON UNIVERSITARIOS DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021"

 

O CPI O Cruce será escola embaixadora do Parlamento Europeo no curso 2020-2021

 

Seis centros galegos resultaron preadmitidos para participar no programa "Escolas embaixadoras do Parlamento Europeo", entre eles o CPI O Cruce. O programa ten por obxecto estimular o coñecemento de Europa e da democracia parlamentaria europea entre a xuventude. 

Consultar a listaxe de centros preadmitidos para o curso 2020-2021

Máis información | Programa escolas embaixadoras

AVISO - Cuestionario Erasmus+ Ocean Connections Pilot 2 (xullo 2020)

O alumnado que participa no proxecto Erasmus+ Ocean Connections rematou o prazo

 

Recoñecemento para alumnado do CPI O Cruce no marco do concurso "Atrévete a ter unha idea"

En "La Voz de Galicia" facíanse eco esta fin de semana do recoñecemento a estudantes do CPI O Cruce no concurso "Atrévete a ter unha idea", do Plan de Emprendemento "eduemprende".

Relixión

 

Os trabalos de Relixión  enviaránse  ao correo 

jferreiropineiro@gmail.com

 

 

 

Viaxe a Londres do 7 ao 12 de outubro

   Programa de actividades dos alumnos que participan  no proxecto  Erasmus + STEP by STEP

Ver adxuntos

Distribuir contido


by Dr. Radut