Skip to Content

Nova versión do protocolo de adaptación do contexto da Covid-19 e incorporación gradual do alumnado ao inicio do curso

Actualización: modificación das datas de inicio do curso en ESO, despois do anuncio da Xunta da decisión de adiar o mesmo.

O curso escolar en Galicia comezará o 10 de setembro coa incorporación gradual do alumnado:

  • O xoves 10 de setembro iniciará o curso o alumnado de 4º curso de Educación Infantil (3 anos) e 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.
  • O venres 11 de setembro, iniciarán o curso escolar as alumnas e os alumnos de 6º de Educación Infantil e de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
  • O mércores 16 23 de setembro volverán ás aulas os alumnos e as alumnas de 1º e 2º de ESO.
  • O xoves 17 24 de setembro farao o alumnado de 3º de ESO.
  • E finalmente o venres 18 25 de setembro incorporarase o alumnado de 4º de ESO.

Este calendario gradual facilitará a adaptación do alumnado ás novas dinámicas do centro.

Por outra banda, as "Instrucións polas que se incorporan a declaración de actuacións coordinadas en materia de saúde pública aprobadas polo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud Pública e a actualización das recomendacións sanitarias do Comité Clínico ao protocolo do 22 de xullo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021" poden consultarse na seguinte ligazón: Protocolo Covid versión 31/08.

Ponse tamén a disposición unha versión reducida do protocolo (36 páxinas) denominada: "Guía resumo"



story | by Dr. Radut