Skip to Content

ENCONTRO MUSICAL DE INSTRUMENTOS DE VENTO (CLICK PARA ACCEDER AO FORMULARIO DE INSCRICIÓN)

 

Os vindeiros luns 4, martes 5 e Mércores 6 de Setembro do 2023 nas nosas instalacións da Escola/Conservatorio de Música de Tui, situado na Avenida da Concordia s/n. terá lugar o I ENCONTRO MUSICAL DE INSTRUMENTOS DE VENTO DO CENTRO dirixidos a tod@s as nenas e nenos con idades a partir de 7 anos.

O obxectivo principal deste encontro é que os nen@s coñezan os instrumentos de vento cos que traballamos no Centro e disfruten tocando con eles!

Os instrumentos que traballaremos son:

GAITA GALEGA, OBOE, CLARINETE, SAXOFÓN, FRAUTA TRAVESEIRA, TROMPETA, TROMPA, TROMBÓN, TUBA E BOMBARDINO.

Os beneficios que ten aprender a tocar un instrumento de vento son:

  • Mellórase e optimízase a respiración, adquírense bos hábitos de relaxación e posición corporal, trabállase a consciencia corporal.

  • Foméntanse competencias como a expresividade, aprender a aprender, ...

  • Desenrólase a sensibilidade auditiva, a memoria, a lectura, psicomotricidade,

    creatividade.....

  • Incúlcanse valores coma o esforzo no estudio individual e tamén no traballo en

    equipo, o compañerismo,...

  • Crece a motivación, mellora a autoestima,...

  • Emplease unha metodoloxía activa, práctica, progresiva e flexible que se adapta

    as características de cada nen@.

  • Oriéntase a emplear as técnicas axeitadas de estudio.

 

O horario será de 10 a 13h (con posibilidade de ampliar o horario segundo as necesidades):

  • Os nen@s chegarán oao Centro as 9:45hs. 
  • Cada día comezaremos cun Concerto con distinta temática.
  • O primeiro día ensinaremos os instrumentos e os nen@s elixirán o que queren tocar nestes días.

Haberá clases individuais e colectivas cun Concerto de Clausura onde participarán os alumnos e profesores!!

Teremos explicacións sobre: relaxación, respiración, estiramentos musculares para tocar os instrumentos, bailes, cantos,... e tamén teremos descanso para merendar e recuperar as forzas!!

 

MATERIAL NECESARIO:

Toalla de praia, merenda, auga.

 

INSCRIPCIÓN:

Data máxima ata o 1 de setembro.

Para realizar a solicitude cubra o seguinte formulario ou chame ao teléfono 687249957, en horario de 9 a 13 hs.



webform | by Dr. Radut