Skip to Content

Concerto Fin de Curso do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui "CONCERTO SOLIDARIO POR UCRANIA"

O próximo venres 20 de maio ás 20:00 hs. terá lugar no teatro da Área Panorámica de Tui o concerto fin de curso do centro no que se entregarán as notas finais do curso 2021-2022 do Conservatorio Profesional e da Escola de Música de Tui a partir das 19:30 e ata o comezo do concerto ás 20:00 hs. na parte de abaixo do hall principal do teatro.

Este ano, o concerto terá unha marcada dimensión humanitaria xa que este acto pretende por o seu grao de area para poder axudar á maior cantidade de persoas posible que están a sufrir debido a este inxusto conflicto bélico en Ucrania. Para conseguir este obxectivo estamos a traballar coa organización “Cruz Roja Internacional”, que é unha organización que axuda para trasladar o compromiso solidario ás poboacións máis vulnerables doutros países ofrecendo axuda humanitaria de emerxencia, preparación e mitigación do efecto dos desastres, cooperación para o desenvolvemento, cooperación e asistencia técnica e potenciar os centros especializados dos países obxecto das axudas.

A realización deste concerto solidario pretende, ademáis da formación e mostrar todo o traballo de calidade realizada por todos os nosos alumnos ao longo do curso, contribuir a proporcionar axuda ao pobo ucraniano que aínda se atopa no seu país nunhas condicións desesperadas por mor da guerra. Por este motivo necesitamos a túa axuda!

Neste momento, os bens como alimentos, roupa, medicamentos, etc. son difíciles de clasificar, almacear e transportar, e con demasiada frecuencia deixanse sen utilizar, o que pode provocar que a túa axuda sexa en vano. Por este motivo, na actualidade o mellor xeito de contribuír e realizando unha doazón económica. Esto asegura que as persoas afectadas poidan recibir toda a axuda que necesitan, xa que se pode adquirir a axuda en destino ou dar axuda para que a poboación merque por si mesma en mercados locais apoiando a súa economía.

As entradas son totalmente gratuítas e se poderán recoller o mesmo día do concerto a partir das 19:00 hs. na porta principal do teatro, polo que as doazóns SON TOTALMENTE VOLUNTARIAS. Así mesmo tamén poñemos este mecanismo a disposición de toda aquela xente que queira realizar unha doazón e non poida vir ao concerto (GRADA CERO)

Para realizar doazóns económicas, Cruz Roja pon a nosa disposición os seguintes medios (CLIK NO ENLACE PARA ACCEDER Á INFORMACIÓN PARA DONAR):

https://www2.cruzroja.es/ucrania/donativos-ucrania

AnexoTamaño
CARTEL CONCIERTO POR UCRANIA.pdf897.25 KB


blog | by Dr. Radut