Skip to Content

Gala da muller 2022 "Mulleres de onte, hoxe e mañá" coa participación de alumnas do Conservatorio e Escola de Música de Tui

O Concello de Tui vai render mañá sábado, 26 de marzo, homenaxe a cinco mulleres tudenses. Será na Gala da Muller 2022 que se vai celebrar ás 20 h no Teatro Municipal de Tui presentada por Mónica Sueiro. 

Nesta Gala recoñecerase a presenza da muller na música a través do concerto que ofrecerán alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Tui e da Escola de Música Municipal interpretando pezas musicais de compositoras femininas coma Patricia Goberna, María Mendoza, Cécile Chaminade, Clemence de Grandval, entre outras. Así ao longo da gala actuarán en solidario ou formando dúos Sara Quesado, María Fernández, Valeria López, Iria Rocha, Cintia Baz, Vania Fernández, Lía Santamaría, Débora Baz, Clara Canosa, Tseday Fernández, Érika Domínguez e Carla Solleiro. Tamén se contará, coma broche final, coa participación do coro infantil de 45 voces femininas pertencentes a Escola de Música que interpretarán dirixidas pola profesora Ruth Natalia Lago Antolín "se eu achase a palabra" acompañadas ao piano pola profesora e compositora desta obra Patricia Goberna García, tamén Clara Canosa e Lucía Ramírez có violin, Mayra Vila e Débora Baz ao clarinete e Laura Ramírez ao violonchelo.

Nesta Gala da Muller recoñecerase a mulleres de distintas idades e profesións dando visibilidade deste xeito ao seu labor e contribución á sociedade. Serán Pilar Blanco, cociñeira do Restaurante El Molino de Tui; Chelo Domínguez , directora xeral de GKN; Carmen Rodríguez Cerdeira, médica dermatóloga, Emilia Rosende poeta e unha quinta protagonista que será unha lembranza a dez mulleres destacadas na historia tudense, nun audiovisual co retrato delas realizado pola artista Gemma Marqués xunto a un breve resumo da súa vida.

Con esta gala o Concello tudense quere recoñecer os méritos destas mulleres que, desde distintos ámbitos tanto laborais como sociais e culturais, son un claro exemplo da calidade, importancia e relevancia do traballo feminino.

A entrada a esta Gala da Muller é libre até completar o aforo do Teatro Municipal.

Esta Gala da Muller forma parte do programa que se está a desenvolver dende comezos deste mes de marzo con motivo do Día Internacional da Muller. 



blog | by Dr. Radut