Skip to Content

CONCERTO DE INAUGURACIÓN DO CURSO 2018/2019 A CARGO DO EXALUMNO MANUEL MADARNÁS

CONCERTO DE INAUGURACIÓN DO CURSO 2018/2019 A CARGO DO EXALUMNO

MANUEL MADARNÁS

 

Concerto de inauguración do curso escolar 2018/2019, a cargo do exalumno de trompeta do centro Manuel Madarnás. Como acompañantes actuarán: Rubén López (Piano), Eloy Carrera (Trombón) e Sandra Pérez (Percusión). 

O concerto realizarase o martes día 20 de novembro ás 21:00 Hs. na Sala de Audicións do Conservatorio, con entrada de balde, ata completar aforamento.

O repertorio abarcará diversos estilos, donde se poderán escoitar obras de compositores tan interesantes para a literatura da trompeta coma Vladimir Peskin, Sonny Kompanek, Nahoiro Iwai, entre outros.

Manuel Madarnás comeza e remata os seus estudos profesionáis de trompeta no Conservatorio Profesional de Música de Tui da man de Adolfo Besada e Víctor Alonso Treinta (profesores de vento metal e trompeta, respectivamente, do centro). No ano 2015 accede ao grao Superior no Conservatorio Superior de Música de Vigo, donde actualmente estuda cuarto curso con Adolfo Caride.

Ademáis, Manuel Madarnás, é alumno activo da Orquestra Xove da Sinfónica de Galicia dende o ano 2018.

AnexoTamaño
MANUEL MADARNÁS EN CONCIERTO.png183.96 KB


blog | by Dr. Radut