Skip to Content

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DO CMUS TUI 2018/2019

 

A TODOS OS MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA

Segundo a Resolución do 25 de setembro de 2018 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG 08/10/2018) pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos Consellos Escolares de Centros de ensino non universitario, procederase nos meses de novembro e decembro á súa renovación parcial  ( Decreto 7/1999 do 7 de xaneiro).

Segundo o Artigo 2º da citada Resolución a elección dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no Consello Escolar celebrarase entre o 26 e 30 de novembro, ambos os  dous incluídos.

Xunta Electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e segundo a nova redacción dada polo Decreto 324/1996 do 26 de xullo constituirase, segundo a Resolución do 25 de setembro entre os días 5 e 8 de novembro de 2018.

Segundo o referido artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo procederase á elección dos membros da Xunta Electoral por  sorteo público o vindeiro venres día 2 de novembro ás 16:00 horas no despacho da Dirección.

Unha vez constituída a Xunta Electoral, segundo o artigo 31 do Decreto 92/1998 do 28 de abril e a nova redacción do Decreto 324/1996 do 26 de xullo, procederá a aprobar e publicar os Censos Electorais, concretará o calendario electoral, ordenará o proceso, admitirá e proclamará as candidaturas, promoverá a constitución das distintas mesas electorais, resolverá as reclamacións e proclamará aos candidatos.

O Consello Escolar do Centro é o órgano a través do cal participan na xestión do mesmo os distintos membros da comunidade escolar.

Animámolos a que presenten as súas candidaturas.

Tui, a 30 de outubro de 2018



blog | by Dr. Radut