Skip to Content

Intercambio Internacional de Piano no Conservatorio Profesional de Tui

INTERCAMBIO INTERNACIONAL DE PIANO NO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE TUI

Hoxe, Venres día 15 de decembro ás 19:00 horas na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional/Escola de Música Municipal de Tui con entrada de balde ata completar aforo, terá lugar o primeiro Intercambio Internacional de alumnos de piano con alumnos desta especialidade de tres centros distintos: Academia Fernandes Fâo, Conservatorio Superior de Música de Vigo e Conservatorio Profesional de Música de Tui.

As persoas que acudan ao concerto poderán disfrutar con nós do talento de alumnos de todos os nivéis da carreira de piano (14 anos), ademáis poderanse escoitar obras de compositores tan importantes coma J. S. Bach, Grieg, Prokofiev, M. Clementi, Chopin, Schumann, Rachmaninov, Brahms e moitos máis. Tamén haberá obras para piano a catro mans e obras compostas polos propios alumnos que non deixarán indiferentes a ninguén.



blog | by Dr. Radut