Booktube nº 1 : Policán

Incríble cando menos o traballo que inaugura o noso canal de Booktube.  Moi ben interiorizada toda a estrutura que ten que ter un bo youtubers:  mirando sempre á cámara, unha presentación da persoa, do autor, do ilustrador, recomendando porque deberían lelo, resumindo brevemente o texto e as súas personaxes e cunha utilización do fondo moi coidada. E por suposto unha despedida en condicións. Espectacular o comezo

Os faros de Galicia: A Illa Pancha

Despois de coñecer un pouquiño a historia dos faros, Brais e Enzo acércannos un pouco ao Faro da Illa Pancha. Dálle ao play e coñece cousas sobre esta Illa e a súa contorna!

 

 

 

Coñecíades este faro?

Curiosidades Animais (II)

Un pouco de efecto aparecer, outro pouco de esvaecer, cortar, mover separar e un moito de autoduck foron os trucos necesarios para crear este podcast por medio do Audacity.  Moitos dos nosos alumnos non o conseguiron, outros quedaron a medio camiño con uns pouquiños erros pero xa hai algúns coma este, que conseguiron editar o programa de radio dun xeito moi digno. En pouco todos van facelo asi, dos erros e con sacos de paciencia e como se aprende.

Xogo de preguntas Scratch

Preme na bandeira e intenta contestar axeitadamente estas preguntas que sobre o tema que están estudando che deixa Issam e Mateo de 5º

 

Reservas de matrícula curso 2024-2025

Estimadas familias:

As reservas de matrícula que presentaron para este centro foron todas admitidas.

Mais adiante publicaremos as datas para a matrícula (xuño).

Circuitos de Papel

A partir do material que se nos subministrou por medio da nosa participación nos polos creativos os nosos alumnos profundizaron no coñecemento dos circuitos con novos elementos coma as Leds, o cobre adhesivo.....e rápidamente logo de rematar a tarxeta de exemplo aplícarono na realización do adorno dun dos murais que sobre as anguías realizaron.  Incluso a maiores idearon un interruptor de papel para o circuito.

A partir da proba o novo circuito ideado polos alumnos

Traballamos a Banda Deseñada con Vázquez (II)

A Avoíña Paz era un dos tantos personaxes que creou Manuel Vázquez para Editorial Bruguera e que tiña como característica especial que o 80% das súas historias tiñan lugar no bosque, onde ademais vivía un lobo feroz que se enfrontaba á feroz avoíña.

Dentro do noso  proxecto do río, Que é o que tenta facerlle entender ás rás a Avoíña Paz?

Traballamos a Banda Deseñada con Alfons Figueras

Dentro dos autores máis clásicos do mundo do cómic español Alfons Figueras, que como Conti e Vázquez traballaron para a Editorial Bruguera, crea un estilo diferente cun estilo propio cheo dun humor subrrealista en personaxes como Topolino, o último heroe, Aspirino e Colodión, Cine Locuras ou en historietas curtas coma esta "Aquí está don Gaspar", marcada pola ausencia de diálogos.

Placas Makey Makey

Placas Makey Makey proporcionadas polo proxecto Digicraft no que estamos inscritos, un pouco de Plastilina Play Doh proporcionada polas compañeiras de infantil, outro pouco de cartón e a habilidade para programar en Scratch de Roberto, Diego Soaxe, Diego Vilela, Issam. Álvaro e Alonso, máis a capacidade para interpretar deste último, deron coma resultado estes singulares instrumentos.

Curiosidades animais

En Ciencias Naturais os alumnos de 5º estivemos traballando o tema dos animais e como estabamos mergullados no Proxecto Documental sobre o río Lameira, aprendimos algunhas cousas curiosas sobre a anguía, o animal que eliximos, pero ademais aprendimos estoutras cousas sobre outros animais. Curiosidades en Radio Tuxiña

 

Traballamos a Banda Deseñada con Conti

Conti, outro dos mestres xurdidos nos anos 40 na barcelonesa editorial Bruguera que durante 40 anos foi o núcleo ao redor do cal xiraba o mundo da potente historieta cómica xuvenil e infantil en España, que surtía semanalmente as estanterías dos nosos kioscos e librerías cunha manchea de revistas.

Así reinterpretou un dos nosos alumnos o seu personaxe "O Tío Magdaleno".

Traballamos a Banda Deseñada con Vázquez

Este ano, á Rede de Bibliotecas Escolares de Galicia decidiu centrar o seu traballo ao redor dun xeito de contar tan antigo como o home, a Banda Deseñada.  Noutrora a Banda Deseñada tivo unha forte presenza en España con dous importantes focos en Valencia e Barcelona, no que se refire á historieta de humor.  Da "escola Bruguera" con sede en Barcelona xurdiron importantes mestres coma Manuel Vázquez co que traballaron os nosos alumnos nun dos seus personaxes menos coñecidos, este Azufriño que ía sementando o mal polo mundo.

Dímoslles tódalas viñetas menos a da resolución da historia e curiosamente este alumno chegou a un final semellante ao que nos anos 50 lle dera o autor. Moi interesante ese achado das sombras sinalando na última viñeta

Charla para ás Familias

FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS

Museo Manuel Torres 

A través da páxina web do colexio incentívase a participación das familias nas charlas propostas polo concello sobre

"Adicións dos nenos e nenas en idade escolar".

CHARLAS PARA FAMILIAS 

22 de febreiro

"Establecemento de normas e límites"

Patio novo en infantil

Despois de pasar uns días gozando do entroido, chegamos ao cole e atopámonos cunha sorpresa...temos patio novo de infantil!

Levábamos unhas semanas desexando que estivese acabado para ver o resultado e a espera mereceu a pena! 

Hoxe por fin o tempo nos deu unha tregua para poder desfrutar del!

 

 

Deixámosvos unhas fotiños para que vexades a sorte que temos deste novo cambio e o chulo que quedou.

 

 

 

Que ben senta o verde!

Facemos un cursor Makey

Unhas simples frechas construídas con cartulina e forradas con papel de aluminio fixeron que por medio das placas Makey Makey coas que nos dotou a nosa participación no Proxecto Digicraft e unha sinxela programación en Scratch, se convertisen nas frechas do cursor.

CAPTACIÓN DE IMAXES NO ENTROIDO DO CEIP SEQUELO

Información para ás familias en relación coa captación de imaxes realizada polas nais, pais e outros familiares con motivo da celebración de eventos no centro

 

Conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, as persoas asistentes ao Entroido do CEIP Sequelo-Marín poderán gravar imaxes do evento exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico. A difusión das imaxes captadas polas familias e demais asistentes fóra do ámbito privado, familiar ou de amizade, por exemplo, mediante a súa publicación na Internet accesible en aberto, será responsabilidade única daqueles que leven a cabo a devandita comunicación, que requiriría o consentimento de todas as persoas afectadas.

Graciñas por acomparños, pola vosa colaboración cos soborosos postres e desexámosvos un bo Entroido.

 

 

Distribuir contido

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.