Abril 2015

FESTIVAL DOS MAIOS NO COLEXIO

Como todolos anos polo 1 de Maio, grazas ao esforzo da nosa profe de Música, Merchi, sacamos adiante esta festa dos Maios onde os rapaces que van baixar ao día seguinte coma os que non lle cantan a unha natureza que coma este ano está dormida para que esperte e floreza. Se premes enriba da foto vas ver imaxes de todo o proceso de construción dos nosos maios

FACENDO O MAIO

 

Trouxemos fiuncho, laranxas...

Vaciamos ovos e recollimos flores...

Os compañeiros de 2ºB axudando na confección do noso Maio.

FESTA DOS MAIOS DO CENTRO SOCIOCOMUNITARIO

Se esta mañá nos visitaban os nosos maiores. Esta tarde fomos nos os que os acompañamos na súa festa dos maios do Centro Sociocomunitario da Casa do Mar. Agradecerlles o detalle que tiveron para cos nenos e o ben que nos tratan sempre que alí imos

CHARLA DOS MAIOS DE PONTEVEDRA

A última hora da mañá coma todolos anos, contamos cun persoeiro destacado no mundo dos maios. Hogano foron o turno dos maios de Pontevedra a traves dos anos de experiencia cos que conta o profesor, escritor e xurado no concurso dos Maios de Pontevedra, Xosé Carlos Morgade

EXPOSICIÓN HISTORIA DOS MAIOS DE MARÍN

Hoxe inauguramos exposición da historia dos Maios de Marín con fotos e coplas de entre 1953 ata o período actual. E para inauguralos contamos coa vistia dos nosos maiores do centro Saraiba. Algúns deles foran nos maios como van ir os nosos alumnos. As fotos foron donadas por pais, Ateneo Santa Cecilia, Xosé Vilas, Enriqueta Molas Otero e xentes que desinteresadamente a través de Santa Cecilia se puxeron en contacto connosco. O ano que vén intentaremos levala dalgun xeito ao pobo ao que lle pertence utilizando de novo como guias da mesma a estes nenos que tanto aprenderon dos maios.

OBRADOIRO DE CONSTRUCIÓN DE MAIOS TRADICIONAIS

É de agradecer a boa disposición de Xosé de Vilas e Antón do Grupo Cultural Ronsel de Seixo para achegarse ao noso colexio e amosarlle aos nenos como se fai o armazón dun maio con elementos do mais natural se non temos en conta os aros de tonel: vimbias para atar, canas do pais... 

XOGADE

O alumnado de 5º de Primaria participou na proba de Atletismo dentro do programa Xogade de Deporte Escolar celebrada o 9 de Abril nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra. Algúns gañaron, outros non, mais o importante é que compartiron unha xornada de deporte xunto a compañeiros doutros colexios da provincia

 

 

Fai click enriba da imaxe para acceder ao resto das fotos

A VISITA DO INSPECTOR

Co gallo do Día Mundial do Teatro os rapaces de 4º B representaron deste xeito tan marabilloso esta obra: "A visita do inspector"

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.