Marzo 2015

Información Matrícula 2015/2016.

Adxúntanse os documentos relacionados coa información para a matrícula do Curso 2015/2016.

ROSALIA DE 1º

Recitado dos nen@s de primeiro dun poema de Rosalía

VISITA DO ILUSTRADOR RAMÓN TRIGO

Nesta mañá de venres tivemos a inmensa sorte de poder contar co ilustrador gráfico, debuxante de banda deseñada, pintor, guionista e unha chea de cousas máis, ademáis do princicipal, estupenda persoa, que é Ramón Trigo, premio Lazarillo 2012 pola súa obra "Leviatán". Veu expresamente dende Vigo para falarlles aos rapaces do seu traballo na Banda Deseñada, centrado no seu libro "O Burato do Inferno", sen esquecer o seu máis recente "O leviatán" polo que obtivo o citado premio. A banda deseñada non deixa de ser unha forma narrativa que ten estructuras semellantes a outras formas expresivas coma a escrita ou o cine, ás que, as veces, complementa. Como tal forma narrativa a nós interesanos é moito por iso contactamos con Ramón, que por certo esta tarde recolle un premio no Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, premio máis que merecido. 

VISITA DA POETA LUCÍA NOVAS POLO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Un dos nosos obxectivos, como centro educativo, é o de achegar sempre e en calquera momento, dun xeito o máis vivido posible a literatura as nosas aulas. Amosarlles que eles poden ser actores nese proceso, da escrita, valorar a súas achegas, amosarlles camiños e abrirlles portas. Iso foi o que pretendimos esta mañá ao achegarlle a obra de mulleres galegas que ata o de agora nin lle soarían: Ana Romaní, Mª Xosé Queizán, Filomena Dato, Andrea Nunes Brións, Elvira Riveiro... e en representación de todas elas estivo a poeta da veciña vila de Bueu Lucía Novas Garrido a quen lle agradecemos a súa presenza no noso colexio para falarlles aos nenos da poesía e recitar con eles.

"SON a selvática serpe lamacenta, recuberta
de obsidiana, de lava candente;
son a malísima feiticeira que agocha
a súa beleza entre sabugueiro e fento,
a que traballa de sol a sol para gañar
millo
e especias,
a das mans con calos e terra
de laboura intensa."

 

ROSALÍA DAS ONDAS DO MAR

Como o ano pasado participamos canda outros 26 centros do Morrazo na realización deste videopoema de Rosalía de Castro

PDI 2023-2024

PLAMBE

Radio na Biblio

Froita na escola

Xadrez


Proxecto "Colexio do Benquerer"

PDI 2022-2023

"Protexo o meu planeta! Protéxome eu!"  PDI "Protexo o meu planeta! Protéxome eu!" 

PDI 2021-2022: Os inventos

Camiño Portugués

Camiño Portugués

Blog Aprendo Programando 2016/2017

Pais/Nais

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Iniciar sesión

Faite socio!

Pincha enriba do Xabarín para aceder á súa páxina

Portas Abertas Virtuais

  Visita guiada ao noso colexio

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFANTIL: Brincando no Sequelo

Visita o Blogue de Infantil cunha enchente de actividades

A mascota Tuxiña

Pincha na mascota da Biblioteca e acede ao Blog externo

Radio Sequelo

O Sequelo na prensa

Liga Fútbol Sala

1) Clasificación. *

2) Xornadas. *

3) Equipos. *

4) Noticias. *

* Fai clic enriba de cada categoría e abrirache unha nova fiestra.