CEP Plurilingüe Pedro Caselles Beltrán
O portal do Colexio Pedro Caselles Beltrán, antes Colexio do Mosteiro

Taboleiro de Secretaría

Becas para alumnado NEAE 24/25

Visita para alumnado novo ao centro martes 28/5/2024 ás 16:30

O alumnado do CRA Mestre Manuel Garcés virá o venres 31/05/2024 cos seus mestres

O alumnado de 6º de primaria irá de visita ao IES Antón Alonso Ríos o venres 24/5/2024

Horario de secretaria de 10:00 a 12:00

Tutorial AbalarMóbil para Familias

Programa de Radio "Emociónate coa Radio"

(pincha na imaxe)

 

Becas e Axudas para alumnado NEAE 24/25

Dende o pasado 30 de abril de 2024 ata o 13 de setembro de 2024, está aberto o prazo para solicitar as becas para o alumnado con Necesidade específica de apoio educaivo (NEAE). Se vas a solicitar dita Beca avisar a Vero (orientadora) antes do 21/6/2024.

A solicitude farase de modo telemático nesta ligazón

Tendes toda a información no portal de becas de educación

Que documentación traer:

- Solicitude

- informe Gabinete

- Fotocopia de certificado de discapacidade igual ou superior ao 25 % (se ten) ou informes médicos.

- Fotocopia DNIs de todos os membros da unidade familiar

- Fotocopia da conta corrente na que conste como titular ou cotitular o neno ou nena solicitante.

É moi importante asegurarse de que consten as firmas requeridas:

- Na FOLLA 1 para autorizar á Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) a facilitar os datos económicos ás administracións educativas.

- no apartado A CUMPRIMENTAR POR TODOS/AS OS/AS SOLICITANTES por parte do pai/nai/titor, e no seu caso, o resto de membros maiores de idade da unidade familiar (TODOS TEÑEN QUE ASINAR).

Que axudas se convocan:

A) Axudas directas para os alumnos, incluindo ao alumnado TDAH (Trastorno por déficil  de atención e hiperactividade), derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conducta ou trastornos graves de comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.

B) Alumnado con Trastorno de espectro autista (TEA)

C) Discapacidade ou trastornos graves de conducta ou trastornos graves e comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais para familias numerosas.

D) Alumnado con Altas capacidades

Día do Libro

Celebrando o Día do Libro!

Este ano, dende a nosa escola, quixemos celebrar o Día do Libro dunha maneira especial, chea de creatividade e encontros enriquecedores. As iniciativas que levamos a cabo non só promoven o amor pola lectura e os libros, senón que tamén fomentan a colaboración e o intercambio de experiencias entre diferentes grupos da nosa comunidade educativa.

Unha das actividades destacadas foi o noso concurso de elaboración de marcapáxinas. Cada neno e nena deixou voar a súa imaxinación, creando marcapáxinas únicos e cheos de cor. Pero sen dúbida, o máis especial destes marcapáxinas é que contiñan un código QR que nos abría as portas a contacontos elaborados polos nosos propios alumnos e alumnas de 3º e 4º. Unha fermosa maneira de compartir historias!

Ademais, repartimos os nosos marcapáxinas polo concello, permitindo que calquera poida gozar destas creacións cheas de maxia!

             

Outra das actividades que nos encheu de ledicia foi “Lemos xuntos”. Aquí, todo o alumnado do centro tivo a oportunidade de mergullarse nunha experiencia de lectura compartida.

Os cativos de cole, recibiron unha visita moi especial do alumnado do instituto, os cales compartiron as súas lecturas favoritas, creando lazos entre diferentes niveles educativos.

   

Pola súa parte, os alumnos e alumnas do segundo ciclo xuntáronse cos usuarios da asociación AFAGA nunha marabillosa sesión de lectura, onde as idades se mesturaron e as historias os uniron.

                       

E para pechar esta actividade, os nosos nenos e nenas do terceiro ciclo levaron a maxia dos contos ás escolas infantís da nosa zona, facendo representacións cheas de creatividade e emoción.

 

 

 

Estas actividades non só promoven o gusto pola lectura e a creatividade, senón que tamén nos recorda a importancia de compartir experiencias, de unirnos en torno ás historias e de enriquecernos mutuamente.

Grazas a todos os que participaron nestas marabillosas iniciativas e que viva a LECTURA!

Xornada formación para familias

Senta un anaquiño e le un pouquiño

Inauguramos un novo espazo escolar: un recuncho especial dedicado á lectura compartida! “Senta un anaquiño e le un pouquiño” é unha casiña onde poderedes atopar diversos libros, a cal está deseñada para fomentar o intercambio de libros entre a nosa comunidade educativa.

O concepto é sinxelo: podes deixar un libro do que xa gozaches e coller outro que esperte o teu interese. Deste xeito, promovemos a lectura colaborativa e ofrecemos unha oportunidade para descubrir novas historias e aventuras.

Convidamos a todas as familias a participar neste emocionante proxecto! Esperamos vervos pronto en “Senta un anaquiño e le un pouquiño”

Equipo biblioteca e Equipo Patios.

 

11 DE FEBREIRO DE 2024: DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA

O pasado 11 de febrero conmemorarmos o Día da Muller e da Nena na Ciencia, por inciativa da Asamblea das Nacións Unidas.

Polo que no 2º ciclo traballaron  co kit de materiais achegado pola Xunta de Galicia en relación ao Programa de Polos Creativos.

Que experiencia máis enriquecedora!

  

  

  

  

Rosalía de Castro

Para celebrar o Día de Rosalía de Castro, en colaboración co EDLG, creamos unha xornada chea de actividades que honran o profundo amor de Rosalía polas flores e como este amor se reflicte nos seus fermosos poemas.

Rosalía de Castro atopou na natureza unha fonte inesgotable de inspiración. Nos seus versos, as flores non son só simples elementos decorativos, senón símbolos cargados de significado, reflectindo emocións, estados de ánimo e a propia esencia da autora.

Por iso, para conmemorar unha data tan especial, levamos a cabo as seguintes actividades:

O Herbario de Rosalía: O noso mural "O Herbario de Rosalía" foi unha oda á conexión da poetisa coa natureza. Nel, recolléronse algunhas das plantas mencionadas nos seus poemas máis emblemáticos, creando un mural que ilustra a sensibilidade botánica de Rosalía.

 

      

 

O Xardín de Rosalía: Tivemos a honra e a sorte de contar coa presenza da autora mesma! Rosalía de Castro acompañounos na creación do "Xardín de Rosalía". Cada clase plantou a flor que lle correspondía, mentres recitaba pequenos versos dos poemas de Rosalía, enchendo o noso xardín coa maxia das súas palabras.

 

 

Queremos expresar a nosa máis profunda gratitude a todos os voluntarios e voluntarias que fixeron posible esta marabillosa xornada. Desde aqueles que contribuíron coa organización ata os que se uniron para plantar cada flor con coidado e dedicación, o seu compromiso fixo que este día sexa verdadeiramente inesquecíbel.

Hoxe, ao celebrar o legado de Rosalía de Castro, aprendemos non só sobre o seu profundo amor polas flores, senón tamén sobre a importancia de conectar coa natureza a través da poesía. Que este día nos inspire a seguir explorando o mundo que nos rodea con ollos poéticos e corazóns cheos de gratitude.

Grazas a todos por facer deste día un verdadeiro homenaxe á beleza e á poesía!

Así foi a súa visita:

 

Pica na imaxe e descobre más sobre Rosalía! 

ENTROIDO 2024

Día de Entroido! ... e... tamén día de chuvia, así que houbo que facer un plan B. Este ano tivemos uns disfraces de cine: "Harry Potter", "Familia Adams", "Up", "O pequeno vampiro", superheroes e "A guerra das galaxias".

Fixemos as tradicionais fotos de grupo e despois desfilamos, recitamos as coplas de Entroido e bailamos no ximnasio. Pasámolo moi ben, con chuvia e todo. Para ver tódalas fotos, preme na imaxe.

Proceso de Admisión curso 2024/25

 

 

Admisión Alumnado curso 2024/2025

Ábrese o período de admisión para matricular a novo alumnado no centro.

Quen ten que facelo?

Alumnado que queira cambiar de centro educativo.

Cando hai que facelo?

Dende o venres 1 de marzo ata o mércores 20 de marzo (incluído)

Cantas prazas se ofertan no centro?

prazas vacantes no colexio
1º de primaria 15 dos cales hai 6  con prioridade para alumnado NEAE
2º de primaria 16
3º de primaria 5
4º de primaria 4
5º de primaria 13
6º de primaria 9
 
Onde o pode facer?

  • No colexio, presentando a documentación que se adxunta, a partir do 1 de marzo.
  • A través da páxina web de admisión alumnado dende o 1 de marzo. Neste caso requirese certificado dixital.

En que horario?

Atenderase no horario de secretaría de luns a venres de 10:00 a 12:00.

Que documentación hai que traer?

  • Formulario de solicitude Anexo II ED550B e anexo II - Bis.  FIRMADOS POR AMBOS PROXENITORES.
  • Copia do DNI/ NIE da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar.
  • Documento acreditativo do requisito de idade do/a alumno/a: Libro de familia, DNI, certificado de nacemento...).
  • Sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia, no seu caso.
  • En caso de Alumnado con Necesidades educativas especiais, informes  médicos. no seu caso.
  • Certificación de escolarización no colexio de orixe.

Cando saberei que o meu fillo/filla está admitido no centro?


O 25 de abril publicarase a listaxe de admitidos.


Unha vez admitido, teño que facer algo máis?


Sí, do 20 ao 30 de xuño abrirase o plazo para formalizar a matrícula.

Tanto para o alumnado de reserva procedente do CRA como para o

alumnado de nova admisión.


Nese momento teredes que traer ao CEP Plurilingüe Pedro Caselles


Beltrán a seguinte documentación (se queredes xa a podedes ir adiantando


ao centro):


  • Anexo formalización de matrícula.
  • Folla complementaria de matrícula.
  • 2 fotos de carnet.
  • 1 fotocopia do DNI dos titores legais.
  • 1 fotocopia do libros de familia de tódalas páxinas que estén cubertas.
  • 1 fotocopia do DNI do alumno/a (se o ten).
  • 1 fotocopia da cartilla sanitaria.
  • Certificado de empadronamento (solicitádeo no Concello de Tomiño, dicíndolle que é para o noso centro).

Casos especiais.

  • En caso de separación ou divorcio Sentencia Xudicial e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.
  • En caso de alumnado NEAE, informes médicos achegados pola familia.

Os documentos, deben ser firmados por ambos proxenitores.

Documento de axuda se queredes tramitalo vía web: Manual Familias.

Como podo resolver  calquera dúbida?

  • Podedes enviar un correo a cep.pedro.caselles@edu.xunta.gal.
  • ou chamar ao teléfono 886110738.

 

Normativa relacionada:

  • Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
  • Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
  • Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa e derroga o artigo 44 da Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).

ACTO POLA PAZ 2024

 Este ano o CEP Pedro Caselles Beltrán celebrou o seu acto pola paz coa visualización dun vídeo. Neste vídeo-manifesto pola paz intervén a totalidade do alumnado e profesorado do centro.

Distribuir contido