AS FAMILIAS CONTAN: FAMILIA DE LEONOR (05-03-2021)

  

    Hoxe compartimos unha nova colaboración da actividade  As familias contan.  

 

    Nesta ocasión  Cristina , a nai de  Leonor , veu a contarnos un par de contos na biblioteca pero para manter todas

  as medidas de seguridade e os protocolos derivados da situación sanitaria actual, tiveron que gravalos elas dúas

  soíñas e agora compartímolo para que toda a comunidade educativa poida velo.

 
   Elas leron primeiro o libro A cebra Camila de Marisa Núñez, unha historia coa que aprenderemos a importancia da amizade, da empatía e da solidariedade a través dos animais que a cebra Camila se vai encontrando no seu camiño.

  Despois leron un novo libro:Cincenta e as zapatillas peludas de Davide Cali. Unha reinterpretación do conto tradicional de Cincenta na que se lle da unha volta aos estereotipos tradicionais con moito humor para educar na igualdade de dereitos e oportunidades.

 

   E para rematar pasaron polos estudios de Radiuvin para gravar A cebra Camila nunha nova emisión do programa Lecturradio: as túas leturas na nosa radio.
 

 

 

 

MOITAS  GRACIAS  POLA  VOSA  PARTICIPACIÓN!!!