Skip to Content

Visitas e excursións

EXCURSIÓN A SANTIAGO 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA 17-04-12

O martes, día 17 de abril, realizaron unha excursión a Santiago de Compostela os alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclos de ed. primaria coas seguintes actividades:


ACTIVIDADES EXCURSIÓN A SANTIAGO


     


  


  


  


 

EXCURSIÓN DO 3º CICLO DE PRIMARIA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA E VISITA GUIADA Á CIDADE 27-03-12

Os alumnos de 5º e 6º cursos de educación primaria, foron de excursión o día 27 de marzo a Pontevedra para realizar as seguintes actividades: sairon do colexio ás 10:00 horas e chegaron a Pontevedra sobre as 11:30 da mañá. De 11:30 a 12:30 realizaron unha visita guiada pola cidade de Pontevedra e de 12:45 a 14 horas visitaron o Salón do Libro. Despois de xantar regresaron ao centro. Eiquí tedes, para máis información, a páxina web do Salón do Libro de Pontevedra. Picar na imaxe e navegade pola web.


 

PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO DOLMEN DA PARXUBEIRA 20-03-12

Dende o Concello recibimos a invitación, en coordinación co Servizo forestal contra incendios distrito V, para que o martes día 20 de marzo, en horario de mañá, asistiramos a unha plantación de castiñeiros no entorno do Centro de difusión medioambiental e interpretación do dolmen da Parxubeira, en San Fins de Eirón. Esta actividade está relacionada coa temática que levamos a cabo este ano no centro, que son os bosques.



 

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2012 PARA NENOS ENTRE 9 E 17 ANOS

A CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, A TRAVÉS DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO, CONVOCA, UNHA VEZ MÁIS, A CAMPAÑA DE VERÁN 2012, PARA FAVORECER QUE A XUVENTUDE EMPREGUE PARTE DO SEU TEMPO VACACIONAL EN ACTIVIDADES DE CARÁCTER LÚDICO, CULTURAL, DEPORTIVO E FORMATIVO, QUE SIRVAN NON SÓ PARA DIVERTIRSE SENÓN TAMÉN PARA O ENRIQUECEMENTO PERSOAL E VITAL, ADEMÁIS DE OFRECER A POSIBILIDADE DE COÑECER OUTRAS ZONAS DE GALICIA. "ACCIÓN DE VERÁN" É UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES QUE TEN LUGAR DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO. PARA MÁIS INFORMACIÓN PINCHA NO ENLACE E PARA VISUALIZAR O CATÁLOGO PINCHA NA PORTADA DO MESMO.


http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 6 AO 20 DE MARZO.


VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA 08-03-12

O XOVES, DÍA 8 DE MARZO, FOMOS DE EXCURSIÓN, A SANTIAGO DE COMPOSTELA CON TÓDOLOS NENOS DO CENTRO. SAIMOS DO COLEXIO ÁS 10 DA MAÑÁ E VOLTAMOS EN TORNO ÁS 16:30. PARA VER AS ACTIVIDADES QUE SE REALIZARON, PINCHAR NO SEGUINTE ENLACE.


ACTIVIDADES A REALIZAR EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


 


¡¡¡APRAZADA PARA O MARTES 21 DE XUÑO!!! XORNADA DE CONVIVENCIA EN BALARÉS 2010-2011

DEBIDO ÁS INCLEMENCIAS METEOROLÓXICAS PREVISTAS PARA O VENRES 17 DE XUÑO, OS MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR E O CLAUSTRO DE MESTRE DECIDIRON POSPOÑER DITA EXCURSIÓN PARA O MARTES DÍA 21 DE XUÑO (SE O TEMPO O PERMITE). MANTERÉMOSVOS INFORMADOS.


Esta xornada de convivencia, se o tempo o permite, celebrarase o venres día 17 de xuño. Xa estamos cos preparativos. O único fixo ata o momento é o lugar: BALARÉS, que como di o refraneiro popular: "máis vale o malo coñecido,...". A medida que vaiamos avanzando na programación das actividades a desenrolar neste día, se vos irá enviando a información necesaria.

OS/AS ALUMNOS/AS DE 6º CURSO, DE EXCURSIÓN EN MANZANEDA

Os/as alumnos/as de 6º de Ed. Primaria, foron de excursión de fin de curso a Cabeza de Manzaneda, do mércores 8 ao venres 10 de xuño, acompañados polas súas mestras Asun e Susi. Estarán 3 días facendo todo tipo de actividades lúdico-recreativas. ¡¡¡Esperamos que o pasedes de maravilla!!!.


 

EXCURSIÓN A SANTIAGO DE TODO O ALUMNADO 05-05-11

O venres día 6 de maio, fumos todo o colexio de excursión a Santiago. Os de 4º, 5º e 6º foron ao Auditorio e posteriormente ao C.G.A.C. Os de infantil, 1º, 2º e 3º foron á Fundación Granell, a ver a exposición guiada e facer uns talleres, e deron unha volta por Santiago no tren turístico. Xuntámonos todos ás 14:15h para comer nos soportais do multiusos de San Lázaro, preveendo que chovera. Do xantar encargouse o centro. Para rematar, pola tarde os nenos xogaron un pouco nos xardíns do Parque de Bonaval e ás 16h. tivemos unha visita no Museo do Pobo Galego. Para os maiores houbo obradoiros, e os máis pequenos foron por libre cos seus mestres. Sobre as 17:30h. regresamos a San Cosme.     

EXCURSIÓN: INFANTIL E 1º CICLO A CAMARIÑAS E 2º E 3º CICLO A BALDAIO, E DE REMATE TODOS XUNTOS A LAXE 23-03-11

O mércores día 23 de marzo fixemos unha excursión, todos os nenos do colexio, que se dividiu en dúas: os alumnos de infantil e 1º ciclo foron ver a Conserveira BOYA en Camariñas e despois o Faro de Cabo Vilán. Os alumnos de 2º e 3º ciclo de primaria foron á Lagoa e areal de BALDAIO, cunha visita guiada. Todos nos xuntamos á hora de xantar en Laxe, nunha zona recreativa ao lado da praia. Antes de rematar a excursión e voltar para o colexio, fomos á lonxa de Laxe onde se lles explicou os distintos tipos de peixes, falóuselles dos barcos, a base de salvamento, etc... Se queredes ver vídeos de esta excursión, ide ao blogue da biblioteca.


   


   

CAMPAÑA DE VERÁN 2011

Orde do 21 de febreiro de 2011 pola que se regula a oferta de prazas xuvenís dentro do programa CAMPAÑA DE VERÁN 2011 e se procede á súa convocatoria. Pinchando no cartel tedes toda a información necesaria e os anexos correspondentes para solicitar esta actividade.   Condicións xerais (idades, prazo de presentación, adxudicacións, documentación a presentar polos participantes, descontos nos prezos,  devolución de cotas, incorporacións aos campamentos e albergues e obrigas dos beneficiarios).

Prazo de presentación de solicitudes do 8 ao 22 de marzo.

Solicitudes:

Solicitude individual (Anexo IIA)

Solicitude múltiple (Anexo IIB)

Solicitude telemática

Solicitude telemática (con certificado dixital)(No es necesario imprimir la copia para la administración)

Anexo I (para consultar datos de anos de nacemento e códigos dos campamentos) ou descarga o pdf

Descarga aquí a programación de campamentos de verán 2011 ( programa completo, e tamén por campamentos)

Descarga aquí a Orde de publicación no DOG

Información e teléfonos

CONCERTO PARA OS ALUMNOS DE 6º DE CANCIÓNS EN INGLÉS DE DANI GRIFFIN EN SANTIAGO 22-02-11

Os/as alumnos/as de 6º curso de ed. primaria, asistiron a un concerto de cancións en inglés de DANI GRIFFIN (escoitadas e traballadas xa no colexio) no Palacio de Congresos de Santiago, en horario de 11 a 14 horas. Foron acompañados pola súa titora Elena e o seu mestre de inglés Andrés.


 

ALUMNOS DE INFANTIL VISITAN A FÁBRICA DE QUEIXOS LÁCTEOS PÉREZ 18-02-11

Os alumnos de ed. Infantil, visitaron a fábrica de queixos Lácteos Pérez (A Pereira), acompañados polas súas titoras o venres día 18 de febreiro en horario de maña.

                        

EXCURSIÓN MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES. 10-02-11

O xoves día 10 de febreiro de 2011, fomos todo o colexio de excursión aos museos coruñeses. Comezamos por unha visita ao AQUARIUM. Posteriormente fomos xantar unhas fantásticas pizzas á DOMUS, onde xa tiñamos concertado. Despois, xa que facía moi bo día, fomos ata a TORRE DE HÉRCULES, para pasear, xogar e admirar as cousas tan bonitas que ten a Coruña. Para rematar o día volvimos para a Domus a visitala e ver unha proxección en 3D, que levaba por título “WILD SAFARI” Aventura en África. Ao rematar os nenos merendaron algo e partimos cara ao colexio. Se queredes ver algunha foto de ese día pincha na foto.

OS BOLECHAS NA PICOTA 28-01-11

O venres día 28 de xaneiro de 2011, os alumnos do colexio, excepto os que ían a campo a través, foron á casa da cultura do concello da picota para ver o espectáculo de caramuxo teatro de monicreques cos “bolechas”.

OBRA TEATRAL EN INGLÉS NA PICOTA 13-12-10 "FACE 2 FACE"


O luns 13 de decembro, ás 10:45 horas, na Aula de Cultura do Concello de Mazaricos, xunto cos outros colexios do concello, asistimos (todos os cursos de primaria) a unha representación teatral en inglés do grupo FACE 2 FACE que levaba por título "TREASURE ISLAND".

SEÑOR MUNDO, DÍGAME? (PAULA CARBALLEIRA) 15-11-10

Os/as alumnos/as de infantil de 5 anos, 1º, 2º e 3º de primaria asistiron á Casa da Cultura da Picota para ver o espectáculo “Señor Mundo, dígame?”. É un recital de poesía usando de fío conductor uns poemas que PAULA CARBALLEIRA lle regalou a Factoría Teatro, baseándose en versos de Celso Emilio Ferreiro.


                             


                                 Vídeo da obra e páxina web da Factoría Teatro:


                                        http://www.aartistica.net/Artistisca/Sr._Mundo.html

TÍTERES CACHIRULO

Os/as nenos/as do colexio foron á casa da Cultura do Concello da Picota o martes día 26 de outubro de 2010, en horario de mañá, para ver unha obra teatral do grupo TÍTERES CACHIRULO, que levaba por título


"Do re mi Mozart xoga aquí" 



           

Distribuir contido


by Dr. Radut