EXCURSIÓN A SANTIAGO DE TODO O ALUMNADO 05-05-11

O venres día 6 de maio, fumos todo o colexio de excursión a Santiago. Os de 4º, 5º e 6º foron ao Auditorio e posteriormente ao C.G.A.C. Os de infantil, 1º, 2º e 3º foron á Fundación Granell, a ver a exposición guiada e facer uns talleres, e deron unha volta por Santiago no tren turístico. Xuntámonos todos ás 14:15h para comer nos soportais do multiusos de San Lázaro, preveendo que chovera. Do xantar encargouse o centro. Para rematar, pola tarde os nenos xogaron un pouco nos xardíns do Parque de Bonaval e ás 16h. tivemos unha visita no Museo do Pobo Galego. Para os maiores houbo obradoiros, e os máis pequenos foron por libre cos seus mestres. Sobre as 17:30h. regresamos a San Cosme.     

Powered by Drupal - Design by artinet