VISITA Á DOMUS

Este luns o alumnado de 1º de Primaria acudiu á Domus, á casa do home, na Coruña, para seguir investigando sobre o corpo humano. Ampliando, así, os seus coñecementos máis alá do aprendido na clase, dunha maneira máis divertida e manipulativa.

Botádelle unha ollada ao vídeo premendo na imaxe!

VISITA VIRTUAL AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

A semana pasada a rapazada de 2º de Primaria gozou dunha visita virtual ao Museo de Historia Natural de Ferrol. Grazas a Berta, a guía do museo, puideron coñecer os distintos animais que se poden atopar alí: baleas, candorcas, golfiños, luras, serpes, cervos, insectos... Aprenderon moitas curiosidades e outras moitas cousas deses animais. Resultou unha actividade moi interesante e divertida!

Premede na imaxe

 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA CARA AS MULLERES

PREMEDE NA IMAXE PARA VER ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES LEVADAS A CABO...

Neste enlace podedes ver o VENRES DE HISTORIAS da biblioteca relacionado co 25N CLICA AQUÍ

CROS ESCOLAR

Un grupo de alumnos e alumnas do Vales viaxou ata Monfero cos profes de Educación Física para participar nun Cros Escolar este 24 de novembro, dentro do programa Xogade da Fundación Deporte Galego.

Pasaron unha xornada moi divertida na que deron todo o mellor de sí mesmos.

 PREMEDE NA IMAXE PARA VER O VÍDEO COS MELLORES MOMENTOS!

VISITA AOS AXENTES FORESTAIS

O pasado xoves o alumnado de 2º de Primaria recibiu a visita de Chus, técnica forestal, que lles deu unha charla sobre o traballo dos técnicos e dos axentes forestais. Despois tiveron a sorte de visitar o Distrito Forestal, onde o alumnado puido subirse aos distintos medios de transporte, manexar unha mangueira e probar distintos accesorios do equipamento que empregan os profesionais. Pasánono moi ben!

PREMEDE NA IMAXE!

XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe estamos en Santiago na XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA. Unha experiencia enriquecedora que podés seguir pinchando na imaxe.

https://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com/2023/11/xornada-de-bibliotecas-escolares-de.html?m=1

CONCURSO CARTEIS DE NADAL DO CONCELLO DE BETANZOS

 

Dirixido a alumnado de Infantil e Primaria. Se quere ver a información completa, PREMA NA IMAXE.

MAGOSTO

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do Magosto tanto en Infantil coma en Primaria, premede nas imaxes...

MOITAS GRAZAS ÁS FAMILIAS POLA SÚA COLABORACIÓN!!

Distribuir contido