COÑECENDO A ROSALÍA
Estes días alumnado de 2º de Primaria coñeceu un pouquiño máis á escritora Rosalía de Castro.
ENTROIDO
O vindeiro VENRES, 17 DE FEBREIRO, celebraremos o ENTROIDO no parque do Pasatempo. O alumnado sairá do centro a partir das 10:30 h. e o desfile dará comezo ás 11:00 h.
Na entrada ao Pasatempo, o alumnado realizará un pequeno e breve desfile que consistirá en dar unha volta ao patio central do parque e se colocará na súa zona.
A orde de entrada será: 6º / 5º / 4º / 3º / 2º / 1º de Educación Primaria – 6º / 5º / 4º de Educación Infantil.
Ao finalizar, volverán a saír na mesma orde facendo outra vez un pequeno desfile coa música correspondente.
As familias que queiran presencialo terán que colocarse nas gradas do parque. Se non é posible por falta de movilidade poderán situarse detrás das cintas de balizaxe nos laterais do recinto.
VISITA A SOTAVENTO
A rapazada de 6º de Primaria visitou as instalacións do Parque Eólico de Sotavento. Alí aprenderon sobre Educación Ambiental, enerxías renovables, o uso responsable da enerxía, os problemas ambientais...
RESERVA DE PRAZA DO ALUMNADO DE SEXTO PARA O IES FRANCISCO AGUIAR
Segundo a Orde do 21 de outubro de 2022 ( DOG 11/11/22), o prazo para a RESERVA DE PRAZA para o IES FRANCISCO AGUIAR será entre o 15 de xaneiro e o 4 de febreiro de 2023.
Para tratar este tema de Reserva de Praza e os Actos de Fin de Etapa, haberá unha reunión de familias do alumnado de 6º de Primaria o xoves, 19 de xaneiro, ás 17:00 horas, na Sala de Usos Múltiples de Primaria.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »
