Actividades

Actividades en xeral do centro: excursións, celebracións, festas, saídas...

2 DE ABRIL. DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo.

Esperamos que unha celebración tan significativa nos permita coñecer mellor e tomar conciencia dunha situación que afecta tanto a nenas/os como a súas familias e aos centros educativos que os acollen.

 

 

 

NADAL 2021

Un ano máis o Nadal deixouse sentir no noso cole. Durante estas semanas fixemos un montón de actividades... Aquí vos amosamos algunhas delas....

Visitade, tamén, o BLOG DE MERO para botar unha ollada aos adornos navideños que fixeron os nenos e as nenas con material de refugallo.

VALES EN NEGRO

XOGAMOS COAS CATAÑAS

A pesar de que este ano non puidemos comer as castañas no cole, non quixemos deixar pasar a oportunidade de poder gozar con elas!! O profe Paulo, de E. Física, preparou xogos con castañas para os nenos e as nenas de 1º e 2º de E. Primaria. Pasámolo xenial!!! Moitas grazas Paulo!!

SAMAÍN

Deixámosvos unha mostra do que estivemos a facer, tanto en Infantil coma en Primaria, durante esta semana de Samaín... Cabazas, bruxas, esqueletes, merendas,... tiveron o seu lugar no cole...

PREMEDE NA IMAXE

VENDIMAMOS NO VALES

Para non perder as tradicións nenos e nenas de 1º de E. Primaria estiveron a vendimar hai uns días...

Premede na imaxe para ver o resultado....

RADIOVOZ NO VALES

Un equipo de profesionais de RadioVoz achegáronse ata o colexio para coñecer de primeira man o traballo que están a desenvolver algúns dos rapaces e rapazas na Horta e demais recunchos verdes do Vales.

Premede na imaxe para escoitar o programa

20-NOVEMBRO - DEREITOS DO NENO

Distribuir contido