Novas
NOVO CONTRATO DE TRANSPORTE
A Consellería de Infraestrutura e Mobilidade remitiu un correo electrónico ao colexio no que informa de que o novo contrato de transporte que atende ao noso centro supón que á volta das vacacións de Nadal, o 8 de xaneiro, o transporte escolar pasa a ser atendido a través do servizo de transporte integrado nas rutas 2 (pato), 7 (bolboreta) e 8 (caracol).
A empresa adxudicataria que se fai cargo da súa prestación é UTE XG-871
BOLETÍN INFORMATIVO 1ª AVALIACIÓN
Dada a situación actual, o boletín informativo para as familias das cualificacións da 1ª avaliación poderá consultarse na aplicación ABALARMÓBIL a partir do luns, 21 de decembro de 2020.
BOLETÍN INFORMATIVO 1ª AVALIACIÓN
Dada a situación actual, o boletín informativo para as familias das cualificacións da 1ª avaliación poderá consultarse na aplicación ABALARMÓBIL a partir do luns, 21 de decembro de 2020.
REPARTO DE MÁSCARAS DO ALUMNADO
O mércores, día 09-12-2020 comezarán a repartirse as máscaras entre o alumnado de E. Primaria que ten dereito segundo a Orde do 6 de novembro de 2020.
É necesario pedir cita en Secretaría e terá que recollelas a persoa que solicitou a axuda (de material ou de máscaras) ou autorizar a outra persoa.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
A listaxe provisional de alumnado con dereito ás máscaras segundo a Orde do 6 de novembro de 2020 publicarase o luns, día 30 de novembro, na Secretaría do colexio.
En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán presentar reclamación no centro educativo ata o mércores, 2 de decembro de 2020.
Estas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva o xoves, 3 de decembro de 2020.
Para a recollida das máscaras haberá que solicitar, telefonicamente, cita previa na Secretaría do colexio.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
A Orde do 6 de novembro de 2020, publicada no DOG do 13-11-2020, regula os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos.
- O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021, NON TEN QUE PRESENTAR SOLCITUDE.
- O alumnado que NON foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que cumpra algunha das seguintes condicións:
- Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
- Matriculado en educación especial.
- Suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
- Cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
Pode presentar solicitude do 16 ao 27 de novembro na Secretaría do colexio solicitando cita.
Pode descargar a solicitude premendo AQUÍ.
Pode consultar a Orde completa premendo AQUÍ.
ACTUALIZACIÓN DO PLAN DE CONTINXENCIA
Unha vez aprobada pola Inspección Educativa, publícase a Actualización do Plan de Continxencia que contén as últimas modificacións e o Plan de Ensino Virtual co "horario espello".
Para velo, prema AQUÍ.