Novas
VENDIMA INFANTIL 2023
O próximo sábado, 30 de setembro, ás 16:30 horas, no Paseo da Tolerancia, terá lugar a VENDIMA INFANTIL 2023 organizada pola Adega Pagos de Brigante.
Consistirá na recollida, despalillado, pisado e prensado da uva.
Posteriormente, haberá unha merenda.
Poden participar as nenas e os nenos entre os 6 e 12 anos.
Para participar é necesario apuntarse no seguinte enlace que recollerá as inscricións pola orde na que se anoten.
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScr49Fr31R4psfOo61OAeVjiHcXopmwhzGP-y-go3JDzApUhA/viewform?usp=sf_link
REUNIÓN DE FAMILIAS
Tal e como se publicou na Circular de Fin do Curso pasado e tal e como se informou ás familias no momento da matrícula,
O mércores, 06-09-2023, ás 16:30 h., na Sala de Usos Múltiples de Primaria, tivo lugar a REUNIÓN XERAL DE FAMILIAS DE 4º de INFANTIL.
O mércores, 06-09-2023, ás 18:00 h., na Sala de Usos Múltiples de Primaria, tivo lugar a REUNIÓN XERAL DE FAMILIAS DE 1º de PRIMARIA.
Para ver as demais REUNIÓNS DE FAMILIAS, PREMA NA IMAXE.
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
PREMENDO NA IMAXE, poden acceder á información sobre as Actividades Extraescolares para o curso 2023-2024.
O período de inscrición é do 11 ao 22 de setembro.
INFORMACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR
Premendo na imaxe, pode ver o documento informativo do Concello de Betanzos sobre o comedor escolar.
Para poñerse en contacto coa empresa de comedor poden chamar ao número 986453040. A ese mesmo número poden chamar o día anterior ou o mesmo día antes das 09:30 se precisan algún tipo de dieta "especial". Tamén se pode utilizar o correo electrónico: info@arumeservicios.es
Para poñerse en contacto co comedor, poden facelo en horario de 07:30 a 09:00 e de 13:30 a 16:00 nos seguintes teléfonos:
COMEDOR DE INFANTIL: 699385354
COMEDOR DE PRIMARIA: 649032467
LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024
IMPORTANTÍSIMO 3º DE PRIMARIA:
NON COMPRAR OS LIBROS ATA QUE, EN SETEMBRO, O PROFESORADO SE POÑA O CONTACTO COAS FAMILIAS.
O profesorado de 3º de Primaria, sabendo as molestias que pode ocasionar, e sempre intentando que o gasto realizado se corresponda co material que realmente vai ser utilizado, solicita ás familias que teñan que mercar os libros que agarden a setembro para realizar esa compra.
Pode ver o listado completo de libros de texto PREMENDO NA IMAXE.
CIRCULAR FIN DE CURSO
PREMENDO NA IMAXE pode ver a circular de fin de curso que contén información importante.
VÍDEO 50º ANIVERSARIO
Para ver o vídeo sobre os actos realizados ao longo do curso con motivo do 50º Aniversario, PREMA NA IMAXE.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »