Actividades

Actividades en xeral do centro: excursións, celebracións, festas, saídas...

VISITA AO MUNCYT

VISITA A CASA DAS CIENCIAS E AO PLANETARIO

Os nenos e nenas de 2º desprazámonos ata Coruña para visitar a Casa das Ciencias e o Planetario. Alí aprendimos algúns dos misterios que agocha o Espazo e coñecimos un pouco máis o lugar de onde ven o noso amigo o Principiño.

 

CASA DAS CIENCIAS E PLANETARIO on PhotoPeach

O VALES EN NEGRO

NOVO CURSO

Un novo curso comeza e con el novas ilusións e proxectos. Este curso que empezamos 2018/2019 temos entre mans un novo Proxecto Documental Integrado. Continuando a viaxe comezada hai dous anos, primeiro en globo a distintos países do mundo, logo adentrándonos na idade media, este ano imos cara o futuro.

Da man de "O Principiño" de Antoine de Saint-Exupéry o cole sumérxese no "Vales para o futuro".

Aquí vos deixo os murais de benvida dos edificios de Infantil e Primaria cara unha nova aventura.

  Edificio de Infantil

 

Edificio de Primaria

 

SAÍDAS 6º PRIMARIA

Durante estes dous últimos meses o alumnado de 6º de Educación Primaria participou en varias actividades. Aquí vos deixamos unha mostra de dúas delas.

A visita ao Eroski, onde coñeceron o funcionamento do supermercado.

 

Un paseo polo Mandeo na Diana Cazadora, onde puideron descubrir a riqueza natural que agocha o noso río.

 

 

ADORNOS FLORAIS

Os nenos e nenas de 1º de Primaria aprendemos a facer adornos florais con Josefina. Pinchade no enlace para ver o obradoiro.

 

http://ahortademero.blogspot.com/2018/06/aprendemos-crear-con-flores.html

Distribuir contido