Actividades

Actividades en xeral do centro: excursións, celebracións, festas, saídas...

SEGUE A CARREIRA

CARREIRA SOLIDARIA

O día 20 de abril celebrouse a carreira solidaria, algúns   dos nenos e nenas correron acompañados pola familia .Agradecemos as familias a súa participación e a colaboración aportando alimentos para Cruz Vermella.

CARREIRA SOLIDARIA 2018

O pasado venres celebrouse unha nova edición da Carreira Solidaria "Corre por Betanzos 2018" na que participaron nenos e nenas dos coles e institutos de Betanzos. Cada participante colaboraba na carreira donando comida para Cáritas e Cruz Vermella. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e participación!

CONCERTO DE MÚSICA MEDIEVAL

O dia 13 de abril os nenos e nenas de infantil xunto coas unitarias de Ois e Coirós poideron disfrutar dun concerto de música medieval con Emilio Villalba e Sara Marina.

PANADARÍA

Os nenos e nenas de 2º EP visitaron a panadaría. Alí ensináronlles como facer un pan riquísimo. Aquí vos deixamos a mostra destes aprendices de panadeiros!

ENTROIDO NO VALES

Este ano no entroido tocou disfrazarse de Medievais, dentro do traballo que estamos a realizar no Proxecto Documental Integrado coordinado dende a biblioteca. Estamos a traballar a Idade Media polo que había representantes dos bufóns, dos cabaleiros, das princesas, das bruxas e bruxos, dos xograres, dos monxes, dos campesiños e campesiñas, da nobreza, dos artesáns e moito máis. Aí vos deixamos unha mostra

 

 

 

SARGADELOS

A rapazada de 5º de Primaria visitou a fábrica de Sargadelos no Castro, Sada. Alí fixeron un percorrido polas instalacións e aprenderon algunha das técnicas de elaboración desta famosa cerámica.

 

Distribuir contido