Actividades

Actividades en xeral do centro: excursións, celebracións, festas, saídas...

XORNADA CONVIVENCIA INFANTIL E PRIMARIA

Os nenos e nenas das Escolas Unitarias de Paderne e Coirós xunto co alumnado de Infantil e os compañeiros e compañeiras de 1º de Primaria do noso cole, celebraron unha xornada de convivencia e xogos para os pequenos que o vindeiro curso estarán no cole "dos maiores".

 

 

XORNADA CONVIVENCIA INFANTIL E PRIMARIA on PhotoPeach

OBRADOIRO DE PANDEIRETA

O venres tivo lugar a clausura do obradoiro de pandeireta levado a cabo nos recreos dos luns, dende novembro ata abril.

Moitas grazas a todos e todas por participar, vémonos o vindeiro curso!!

OS CANEIROS

Ao longo desta semana, nenos e nenas de 6º de E. Primaria visitaron Os Caneiros. Logo dun paseo na lancha Diana Cazadora polo río Mandeo, onde puideron contemplar a fauna e a flora existente, chegaron ao campo dos Caneiros onde pasaron un bó rato de xogos e diversión.

 

OS CANEIROS on PhotoPeach

LETRAS GALEGAS

Onte, para festexar o día das nosas letras, ademáis de coñecer nas clases a figura de Antón Fraguas, tivemos a sorte de contar coas actuacións da Escola Municipal de Folclore e cos nenos e nenas das danzas gremiais dos mariñeiros e dos labradores de Betanzos.

 

O MAGO ANTÓN NO VALES

O alumnado de Primaria gozou co espectáculo de Maxia do Mago Antón.

VISITA AO CIEC

CIEC on PhotoPeach

ACTIVIDADES VOZ NATURA

Estes días nenos e nenas de 5º de Infantil, de 1º e de 2º de E. Primaria, levaron a cabo actividades relacionadas co medio natural.

Os de infantil ensináronlle aos de 2º o que aprenderon sobre as plantas que teñen no xardín do seu cole. Os de primeiro asistiron a unha representación teatral do grupo de teatro da Fundación Abanca.

Se queredes ver todo o que fixeron non dubidedes en visitar o blogue de Voz Natura!!

 

http://ahortademero.blogspot.com/

DÍA DA DANZA

Hoxe conmemórase o Día da Danza, unha homenaxe ao francés Jean-Georges Noverre, bailarín e profe de ballet, coñecido coma o pai do ballet moderno. Nenas e nenos de 1º e de Infantil tivemos a sorte de gozar cun espectáculo de baile onde nenas do cole representaron varias pezas de ballet, baile moderno e flamenco.

CARREIRA SOLIDARIA

Nenos e nenas dos distintos colexios e institutos de Betanzos, acompañados dos seus mestres e familiares, participaron onte nunha nova edición da "Carreira Solidaria". Esta carreira ten como obxectivo a axuda aos demáis. Nesta ocasión a actividade promovía dúas causas: unha a recollida de alimentos para Cáritas e Cruz Vermella e outra a recadación de cartos para a loita contra o meduloblastoma.


Moitas grazas a todos e todas por facelo posible un ano máis!!

 

CARREIRA SOLIDARIA on PhotoPeach

Distribuir contido