Actividades

Actividades en xeral do centro: excursións, celebracións, festas, saídas...

CONVIENCIA PRIMARIA

Da man do Principiño, dalgúns dos profes de Primaria e do alumnado de !º de Educación Primaria, os nenos e nenas de 6º de Infantil e das unitarias de Areas, Viñas, Ois e Coirós coñeceron o cole de Primaria.

 

SEGUIMOS APRENDENDO SOBRE A IDADE MEDIA

Nenos e nenas de 1º Educación Primaria fumos de excursión á Fortaleza de San Paio de Narla e ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes para seguir aprendendo cousas sobre a Idade Media.

CIEC

Nenos e nenas de 6º de Educación Primaria visitaron as instalacións do CIEC. Aprenderon a utilizar unha das técnicas artísticas que alí empregan. Nesta ocasión, primeiro fixeron un debuxo nunha placa metálica coa axuda dun punzón. Despois pasaron o seu traballo por unha prensa con tinta onde quedou estampado o seu debuxo nun papel groso.

 

 CIEC on PhotoPeach

OBRADOIRO DE PANDEIRETAS

A semana pasada remataron os obradoiros de pandeiretas, tanto de iniciación coma de perfeccionamento. Aproveitando a véspera do día das Letras Galegas celebramos un mini concerto durante o recreo. Moitas grazas a todos e todas por participar, esperámosvos o curso que ven!

 

Se queredes ver e escoitar as cancións non dubidedes en pasarvos polo blogue ValesMusical.

XOGOS POPULARES

Co motivo das Letras Galegas tivemos unha sesión de xogos populares a cargo da asociación XANDOBELA.

       xogos populares

GANDARIO . CORPOS E FORZAS DE SEGURIDADE DO ESTADO

O día 10 de maio os nen@s de infantil foron a Gandarío visitar unha exposición dos corpos e forzas de seguridade do Estado.

                    

 

 

 

                                                  

I CONGRESO "Aliméntate ben"

O 3 e 4 de maio celebrouse o I Congreso Aliméntate ben no pazo de congresos de Santiago de Compostela. Unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en cooperación coa Consellería de Sanidade, coa Consellería do Mar, coa Consellería de Medio Rural e a Escola Galega de Consumo, e en colaboración con Sogama e a USC.

O día 3 de maio o noso proxecto, xunto con outros nove centros de infantil e primaria, foi seleccionado para participar e contar o que facemos entre todos/as no cole.

A experiencia foi marabillosa. Gustounos moito poder contarlle a compañeiros e compañeiras doutros centros, autoridades, e a quen pasara polo noso stand o proxecto de "Almorzos con xeito" que comezamos este ano en primaria, para continuar o bo labor que xa está instalado en Infantil.

Que o noso traballo sexa considerado para recibir un accesit ao mellor proxecto de infantil e primaria danos folgos para seguir traballando nesta liña. Esperemos que esta iniciativa continúe e teñamos a posibilidade de acudir ao II Congreso o vindeiro ano.

                                                                                            PARABÉNS PARA TOD@S!!!!!

ALDEA NOVA

Nenos e nenas de 2º de Educación Primaria foron de excursión a Aldea Nova. Alí aprenderon a coidar as plantas, os animais e fixeron diferentes obradoiros, como a elaboración de candeas. Aquí tedes unha mostra do ben que o pasaron!

 

GARDA CIVIL

Nenos e nenas do colexio asistiron a Gandarío á exhibición do traballo que realiza a Garda Civil. Alí viron, aprenderon e experimentaron cos distintos medios e recursos dos que dispoñen tanto a garda civil, protección civil,... para desenvolver o seu traballo.

 

 

ROTEIRO POR BETANZOS

Varios niveis do colexio fixeron un roteiro por Betanzos. Os nenos e nenas puideron coñecer un pouco máis o lugar onde vivimos e tamén se mergullaron na Idade Media da man dos técnicos de turismo do Concello. Moitas grazas!!

Distribuir contido