blogue de_Orientación

Presentación

 

A través deste blogue, o Departamento de Orientación do CEIP Francisco Vales Villamarín, pretenderá difundir actividades desenroladas no centro, recursos e materiais interesantes para a atención á diversidade de elaboración propia e/ou atopados na rede, orientacións para mestres e familias, difusión de novas e actividades de formación... Pretende ser medio de difusión e comunicación con mestres, alumnos e familias. Gracias por visitalo e participar activamente.

 

 

A preocupación de Lucía

Da man do Principiño, o cordero,  o Señor Potato,  Lucía e a súa preocupación achegamos a todo o alumno do centro as funcións do Departamento de Orientación ao longo destes días. 

Así que... rapaces e rapazas, mestres e mestras, familias!,  non deixedes crecer os vosos "baobas". Acudide a falar coa Orientadora e entre tod@s buscaremos unha solución. Esrtamos aquí para axudar.

          

BECAS DO CONCELLO PARA O CURSO 2018-2019

Desde hoxe está aberto o prazo para solicitar as Becas que ofrece o Concello de Betanzos para a adquisición de libros e material escolar. 

Entregar as solicitudes nos Servizos Sociais do Concello. 

Enlace á noticia publicada en prensa. 

BENVIDOS AO CURSO 2018-2019!

 

Para ver o documento completo ver arquivo adxunto

BECAS NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS CURSO 2018/2019

Publicouse no BOE de 14 de agosto de 2018 

Extracto de la Resolución de la Secretaría de Estado de Educación y Formación Profesional, por la que se convocan ayudas para alumnado con necesidad específica de apoyo educativo para el curso académico 2018-2019

Ditas Becas están dirixidas a alumnado con necesidades educativas especiais "derivadas de discapacidade  ou trastorno grave de conduta" e alumnado con necesidades específicas de apoio educativo asociadas a altas capacidades intelectuais.

Para acceder ao texto completo da convocatoria pinchar aquí.

Para máis información sobre o procedemento para a súa solicitude pinchar aquí.

Prazo de solicitudes: ata o 27 de setembro.

Distribuir contido