blogue de_Orientación

V Congreso TADGa

Os vindeiros días 20 e 21 de outubro, en A Coruña, a Asociación TADEGa organiza un interesantísimo Congreso por unha inclusión educativa e dixital. Para máis información pinchade aquí.

Apuntádevos!! Seguro que merece a pena. 

AXUDAS PARA ALUMNOS CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO CURSO 2017-2018

O 12 de agosto de 2017 publicouse no BOE  a convocatoria para solicitar  as axudas para alumnado con con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2017-2018.

Pinchade aquí para acceder a toda a información.

Convócanse as seguintes axudas:

·        

Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta.

·        

Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.

Clases de axudas: Ensinanzas;  Transporte interurbano:  Comedor escolar; Residencia escolar; Transporte por traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial; Transporte urbano;  Libros e material didáctico; Reeducación pedagóxica ou da linguaxe

 Nota: Non pode concederse axuda de transporte para asistir ao gabinete ou centro no que realice a reeducación pedagóxica e de linguaxe, nin para asistir ao programa especial para persoas con altas capacidades. Esta axuda é para asistir ao centro no que está escolarizado sempre e cando non estea cuberto con fondos públicos.

As axudas de transporte, comedor, ensinanza,  residencia e material didáctico non poderán concederse cando os ditos conceptos estean cubertos por servizos ou fondos públicos de calquera das entidades públicas (estatais, autonómicas, municipais...).

A discapacidade ou trastorno grave de conduta deberá acreditarse por algunha das seguintes vías:

- certificado de discapacidade

- certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxico da Comunidade Autónoma ou certificado do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.

- certificado dun equipo de valoración e orientación dun centro base do Instituto de Mayores y de Servicios Sociales ou órganos correspondentes da comunidade autónoma. 

- diagnóstico clínico polos servizos de saúde públicos, no caso de alumnado con Trastorno Grave de Conduta

Para realizar a solicitide por dita modaliddae compre ter cumplidos dous anos de idade a 31/12/2016.

A alta capacidad intelectual deberá acreditarse mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente. Os solicitantes teñen que ter cumpridos seis anos de idade a 31/12/2017.

No caso de presentar necesidade de reeducación pedagóxica ou de linguaxe compre presentar a seguinte documentación:

- Certificación expedida polo Inspector de Zona que acredite a necesidade de tratamento pola inexistencia ou insuficiencia da atención pedagóxica proporcionada polo centro e/ou inviabilidade de matricularse en centro que dispoña do servizo de reeducación requerido.

- Informe do Equipo de Orientación Específico ou Departamento de Orientación.

- Memoria do centro reeducador.

- Declaración responsable da persoa que imparte a reeducación.

 

Solicitudes: deberán cumplimentarse  a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte na dirección no apartado de “Trámites y Servicios”. Pinchar aquí para acceder.

 

Prazo: ata 28 de setembro.

 

 

COMEZA UN NOVO CURSO

BENVIDOS

AO NOVO CURSO ESCOLAR 2017-2018!

 

 

 

Imaxe de Almudena del Mazo

A un paso da ESO... visita ao IES Francisco Aguiar

Os pasados días 27 e 28 de abril, os alumnos e alumnas  de 6º EP visitamos o IES Francisco Aguiar para coñecer o centro ao que imos a asistir a maioría de nós o vindeiro curso para cursar a Etapa de Educación Secundaria. 

O Director José Manuel Montero e o Vicedirector Julián Ferrer mostráronnos as diferntes dependencias do centro (biblioteca, aulas de 1º da ESO, laboratorios, aula de música e plástica...) e aclararon as nosas dúbidas sobre horarios, actividades e asignaturas para o vindeiro curso. Os máis maiores déronnos a benvida cunha fermosa canción na aula de música coa profe Blanca. Moitas grazas pola acollida!

 

Feliz Día do Libro!!

Desde a nosa biblioteca de centro son moitísimas as recomendacións de magníficas obras para que os nosos  rapaces e rapazas  disfruten da lectura. Pero hoxe 23 de abril, Día do Libro, desde o Departamento de Orientación as recomendacións son para as familias. A disfrutar coa lectura!

 

Campamentos de Verán 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2017

Servizos ofertados
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos: 
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída,  ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.

Idades: poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos.
-Os/as nacidos/as no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
-Os/as nacidos/as no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
 
Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

A adxudicación das prazas será por sorteo. Crearase unha lista de espera para un campamento concreto, de entre os que solicitou entre as cinco opcións na que se ofertarán as prazas que queden vacantes. As prazas vacantes que non se cubrisen serán ofertadas na fase de resultas a calquera solicitante que as demande.

Discapacidades:
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
- Facer constar a súa condición no apartado que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios. 
- Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa. 
- Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.

Haberá tamén prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade en campamentos e quendas específicas.

Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual: procedemento BS303A.
Solicitude múltiple: procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G para solicitude individual
procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.

Prezo:
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50% 
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 2 de maio de 2017
Máis información no DOG do 17 de abril de 2017

​ ​ 
Tamen na 

páxina web xunta .net

2 de Abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo

Hoxe, dous de abril, conmemórase o Día Mundial do Autismo para que toda a sociedade tome consciencia e contribúa á eliminación de barrreiras que permitan unha verdadeira sociedade accesible para as persoas con Trastorno de Espectro Autista. Para máis información pinchade no seguinte enlace. Aquí

 

Aprendendo cos amigos e amigas de Coirós!

Os nenos e nenas de Coirós descubriron como podemos chegar a tocar as nubes e como viaxar polo mundo: construíndo un magnífico globo!! Se queredes ver como o fixeron podedes pinchar neste enlace.

E deixaron voar a súa imaxinación a partires das obras  do gran artista Alexander Calder, chegando ata o espacio e creando entre tod@s un fermoso conto que podedes ler no documento adxunto.

Bravo polos amigos e amigas de Coirós, grandes exploradores!

Camiño dos Faros Sen Límites 2017

Interesante iniciativa que comezará o 11 de marzo, organizada pola Federación Provincial de Anpas da Coruña-Costa da Morte”, a asociación cultural e deportiva "Rompendo Limites" e a asociación "Camiño dos Faros".

A “II Edición del Camiño dos Faros SenLímites”  percorrerá o máxico Camiño dos Faros, unindo Malpica e Fisterra pola costa.

Como din os propios organizadores "En este camino compartiremos experiencias en igualdad, un motivo de la existencia de este camino inclusivo. Porque este Inclusivo Camino de los Faros SenLímites nos dice, y seguirá afirmando siempre, que nunca debemos perder el derecho a incluir, a compartir, al reconocimiento de la diversidad porque, sino, perderemos el derecho a ser libres."

Máis información no documento adxunto. 

Camiñando cara a ESO coas familias

Este venres realizouse unha charla para as familias do alumnado de 6º EP, en colaboración co IES Francisco Aguiar, sobre a nova etapa que axiña comezará. Para acceder á presentación realizada pinchade no documento adxunto. 

Distribuir contido