blogue de_Orientación

Presentación

 

A través deste blogue, o Departamento de Orientación do CEIP Francisco Vales Villamarín, pretenderá difundir actividades desenroladas no centro, recursos e materiais interesantes para a atención á diversidade de elaboración propia e/ou atopados na rede, orientacións para mestres e familias, difusión de novas e actividades de formación... Pretende ser medio de difusión e comunicación con mestres, alumnos e familias. Gracias por visitalo e participar activamente.

 

 

O VALES EN NEGRO

O noso centro únese á campaña de sensibilización contra a violencia cara as mulleres incluída dentro do Plan de Igualdade do Concello de Betanzos. O Vales tornarase negro, novembro rematará en  negro. 

Se queremos vivir nunha sociedade de cores, sen desigualdades, temos que empezar por educar nas familias e na escola na igualdade entre homes e mulleres, eliminando os pequenos micromachismos que nos rodean,  condeando abertamente as condutas machistas e todo tipo de violencia cara as mulleres e tendendo unha man a todas as vítimas. Xuntos podemos!

Para saber máis sobrea campaña pinchade aquí.

Pinchade no documento adxunto para acceder a unha presentación para traballar nas titorías

 

A nosa biblioteca recolle no seu blogue moitos recursos para traballar nas titorías. Pinchade aquí para acceder

No arquivo adxunto podedes descargar o tríptico coas recomendacións de contos para traballar a coeducación en Educación Infantil e Primaria,  realizado con motivo das VI Xornadas de Sensibilización e Formación sobre a atención á diversidade.

S.O.S

Sinto comunicar que non fun quen de atopar unha explicación ao misterio acontecido o pasado día 22. Seguimos sen saber que sentido teñen os obxetos atopados na caixa soterrada no areeiro do patio.  De quen son?,  De que época? Que sentido teñen?. Fago un chamamento a toda a Comunidade Educativa para nos axudar a investigar e resolver este gran misterio. Precisamos a vosa axuda e colaboración!. Aquí deixo unhas imaxes do contido da misteriosa caixa. Se alguén atopa algunha pista, por favor, poñédevos en contacto co centro o antes posible, as portas do noso centro están abertas sempre. 

 

 

     

 

            

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!

 

5 de outubro, Día Europeo da Dislexia

Con motivo da conmemoración do Día Europeo da Dislexia, e a proposta de AGADIX (Asociación Galega de Dislexia), compartimos coa Comunidade Educativa, para facer visible esta dificultade especíca de aprendizaxe, un mapa explicativo.

A dislexia é unha condición permanente, de orixe neurobiolóxico e un forte carácter hereditario. Afecta de xeito persistente á exactitude, fluidez e comprensión lectora, ortografía, comunicación e expresión escrita e ao cálculo matemático.

É a dificultadee de aprendizaxe máis común, que afecta a un 10% da poboación, pero difícil de diagnosticar, non existindo protocolos de deteción e intervención e sen contar con axudas nin becas por parte da administración.

Fagamos visible a dislexia! 

Distribuir contido