Paso á ESO: Visita ao IES Francisco Aguiar

O paso xoves 25 de abril o alumnado de 6º EP visitou o IES Francisco Aguiar para coñecer un poco máis como vai ser a nova etapa educativa na que pronto se atoparán. Da man do Director coñecimos as instalacións, organización  e actividades do centro e,  alumnos e alumnas  da ESO, déronnos sabios consellos para poder afrontar con éxito, ánimo e ilusión a nova etapa.

Moitas grazas, un ano máis, pola acollida!.