Historia

D. Francisco Vales Villamarin


  Profesor e historiador, naceu en Betanzos o 7 de maio de 1891 (morreu o 24 de agosto de 1982). Publicou unha trintena de traballos históricos relacionados coa súa cidade natal.

    Foi secretario perpetuo da Real Academia Galega, membro do Instituto José Cornide e da Academia de Belas Artes Nosa Señora do Rosario, entre outras institucións culturais. Entre as medallas e distincións que acadou destacan: fillo predilecto de Betanzos, Orde de Alfonso X O Sabio, premio vitalicio da Fundación Barrié de la Maza, medalla de prata de Betanzos, medalla do Mérito no traballo e medalla do Mérito Cultural.

  Betanzos deulle o seu nome ó colexio público do municipio. Dende moi xove dedicouse á docencia, actividade na que seguiu as doutrinas da Institución Libre de Ensinanza e foi o creador das Irmandades da Fala de Betanzos, director das colonias escolares coruñesas promovidas polo Museo Pedagóxico Nacional, director do Anuario Brigantino, investigador histórico e cronista oficial de Betanzos.

 


 

Distribuir contido