O 6 de agosto de 2016 publicouse no BOE a convocatoria para solicitar as axudas para alumnado con con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2016-2017.
Pinchade aquí para acceder a toda a información.

Convócanse as seguintes axudas:
- Axudas e subsidios para alumnado con necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastorno grave de conduta.
- Axudas para programas complementarios a alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades.
Clases de axudas: Ensinanzas; Transporte interurbano: Comedor escolar; Residencia escolar; Transporte por traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial; Transporte urbano; Libros e material didáctico; Reeducación pedagóxica ou da linguaxe
Nota: Non pode concederse axuda de transporte para asistir ao gabinete ou centro no que realice a reeducación pedagóxica e de linguaxe, nin para asistir ao programa especial para personas con altas capacidades. Esta axuda é para asistir ao centro no que está escolarizado sempre e cando non estea cuberto con fondos públicos.
Os alumnos matriculados en educación infantil non teñen dereito a axuda por material didáctico por non estar incluído na convocatoria , e os matriculados en calquera outro nivel educativo do ensino obrigatorio (primaria e secundaria) por estar incluídos no programa de gratuidade de libros. Igualmente, as axudas de transporte, comedor, ensinanza e residencia non poderán concederse cando os ditos conceptos estean cubertos por servizos ou fondos públicos de calquera das entidades públicas (estatais, autonómicas, municipais...).
A discapacidade ou transtorno grave de conduta deberá acreditarse por algunha das seguintes vías:
- certificado de discapacidade
- certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxico da Comunidade Autónoma ou certificado do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.
- diagnóstico clínico polos servizos de saúde públicos, no caso de alumnado con Trastotno Grave de Conduta
Para realizar a solicitide por dita modalidade compre ter cumplidos dous anos de idade a 31/12/2015
A alta capacidad intelectual deberá acreditarse mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente. Os solicitantes teñen que ter cumplidos seis anos de idade a 31/12/2016.
No caso de presentar necesidade de reeducación pedagóxica ou de linguaxe compre presentar a seguinte documentación:
- Certificación expedida polo Inspector de Zona que acredite a necesidade de tratameto pola inexistencia ou insuficiencia da atención pedagóxica proporcionada polo centro e/ou inviabilidade de matricularse en centro que dispoña do servizo de reeducación requerido.
- Informe do Equipo de Orientación Específico ou Departamento de Orientación.
- Memoria do centro reeducador.
- Declaración responsable da persoa que imparte a reeducación.
Solicitudes: deberán cumplimentarse mediante formulario accesible por internet na dirección
www.mecd.gob.es
ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte na dirección
https://sede.educación.gob.es
no apartado de “Trámites y Servicios”.
Prazo: ata 29 de setembro.
Enlace
http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/050140/ficha/050140-2016.html
http://sede.educacion.gob.es/tramite/login/inicio.jjsp?idConvocatoria=748