blogue de_Orientación

E o noso soño comeza a facerse realidade...

Este é un vídeo que resume moi brevemente  as actividades realizadas para a celebración  do Samain e que fan realidade o  noso soño: unha educación de cores para todos!

 

Para ver máis actividades podedes visitar o blog de Eduacación Infantil.

Para que as cousas suceden primeiro hai que soñalas.

Así comeza o noso proxecto educativo para este ano da man de "Virutas y el Arcoiris" libro de Marta Álvaro.

 

Temos un soño, acadar unha eduación de cores, e para acadala precisamos da axuda do noso alumnado. Deben decidir que queren ou poden facer para axudarnos a lograr o  noso soño.

É emocionante ver como se lles ilumina  a cara ante as nosas suxerencias e propostas, principalmente ante o proxecto da cociña e da horta. Gustaríame agradecer desde aquí a tod@s os alumos e alumnas  e mestres a súa ilusión e colaboración, e de xeito moi especial a Roi (2ºA) e Jesús (4º C).

    

 

Como di Jesús "Poco a poco nuestro mundo se va llenando de color".

27 de Setembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade Auditiva

Esta fin de semana conmemorouse o Día das Persoas con Disacapacidade Auditiva e desde a escola contribuiremos á sensibilización e formación do noso alumnado traballando de xeito específico nas aulas que inclúen alumnado xordo.

Mostramos aquí o manifesto elaborado por FIAPAS para esta data.

Durante a última semana de setembro contaremos a historia de Lucas e veremos un fermoso video,  para que o escoite todo o mundo...

 

 

 

 

 

AXUDAS PARA A VOLTA A ESCOLA

Benvidos e benvidas ao recén estreado curso 2015-2016!

De todos é sabido que o comezo de curso implica un gasto para as familias importante. Para mercar o material escolar ademáis das axudas facilitadas polo Concello, que se tramitan no mes de xullo, contades este ano coas axudas de 50€ facilitadas pola Xunta para renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros da que dispoñedes de información na páxina principal da web do centro e/ou secretaría.

Pero ademáis a Asociación de Cáritas Intereparroquial de Betanzos, situada na rúa Tomás da Pena nº 4 - Baixo, facilita todo tipo de material escolar e roupa para todas aquelas familias que o precisen e o soliciten acudindo ao local os Martes en horario de 17,00h - 20,00h.

Ante calquera dúbida ou necesidade poñédevos en contacto co Departamento de Orientación do centro e intentaremos axudarvos en todo o que poidamos.

Feliz curso 2015-2016.

BECAS para alumnado con NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO

O Sábado 1 de agosto de 2015 publicouse no BOE  a convocatoria para solicitar  as axudas para alumnado con con necesidade específica de apoio educativo para o curso 2015-2016.

Pinchade aquí para acceder ao documento.

 

Convócanse as seguintes axudas:

*Axudas para aqueles alumnos que requiran por un periodo da súa escolarización ou o longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de  discapacidade ou transtorno grave de conducta, incluindo o  alumnado afectado por TDAH.

·     * 

Axudas para programas específicos complementarios para alumnado de altas capacidades intelectual.

       * Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conducta para familias numerosas.

 

Clases de axudas: Ensinanzas;  Transporte interurbano:  Comedor escolar; Residencia escolar; Transporte por traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial; Transporte urbano;  Libros e material didáctico; Reeducación pedagóxica ou da linguaxe

 Nota: Non pode concederse axuda de transporte para asistir ao gabinete ou centro no que realice a reeducación pedagóxica e de linguaxe, nin para asistir ao programa especial para personas con altas capacidades. Esta axuda é para asistir ao centro no que está escolarizado sempre e cando non estea cuberto con fondos públicos.

Os alumnos matriculados en educación infantil non teñen dereito a axuda por material didáctico por non estar incluído na convocatoria , e os matriculados en calquera outro nivel educativo do ensino obrigatorio (primaria e secundaria) por estar incluídos no programa de gratuidade de libros. Igualmente, as axudas de transporte, comedor, ensinanza e residencia non poderán concederse cando os ditos conceptos estean cubertos por servizos ou fondos públicos de calquera das entidades públicas (estatais, autonómicas, municipais...).

-      

 

A discapacidade ou transtorno grave de conduta deberá acreditarse por algunha das seguintes vías:

- certificado de discapacidade

- certificado do equipo de orientación educativa e psicopedagóxico da Comunidade Autónoma ou

- certificado do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente.

Para realizar a solicitide por dita modaliddae compre ter cumplidos dous anos de idade a 31/12/2014

A alta capacidad intelectual deberá acreditarse mediante certificado dun equipo de orientación educativa e psicopedagóxica ou do departamento de orientación dependente da administración educativa correspondente. Os solicitantes teñen que ter cumplidos seis anos de idade a 31/12/2015.

 

Solicitudes: deberán cumplimentarse mediante formulario accesible por internet na dirección

www.mecd.gob.es

ou a través da sede electrónica do Ministerio de Educación, Cultura y Deporte na dirección

https://sede.educación.gob.es

no apartado de “Trámites y Servicios”.

 

Presentar as solicitudes no centro docente.

 

Prazo: ata 30 de setembro.

 

 

Enlace

http://sede.educacion.gob.es/catalogo-tramites/becas-ayudas-subvenciones/para-estudiar/primaria-secundaria/beca-necesidad-especifica.html

 

 

 

 

 

V XORNADA DE CONVIVENCIA COAS ESCOLAS DE COIRÓS

Este venres, os alumnos de 6º de EI,  disfrutamos dunha fantástica xornada de convivencia co alumnado de Coirós. As mestras e familias tiñan organizada para todos nós unha magnífica xornada con música, baile, xogos e merenda. Pasámolo xenial! Moiatas grazas e vémonos no cole de maiores este venres día 12 para seguir a coñecernos un pouquiño máis.

 

   

  

Grazas pola vosa participación

Desde o Departamento de Orientación queremos agradecer a todos os asistentes e poñentes das IV Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade a vosa participación. Esperamos foran proveitosas e enriquecedoras. Moitas grazas.

 

Os pequenos tamén se fan maiores

Os nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil de Coirós e Paderne adscritas ao noso centro recibiron a visita da Señora Patata (a axudante de Lucía, a orientadora), para convidalos a visitar o seu novo colexio o vindeiro 12 de Xuño. Esperámosvos con moita ilusión.

  

Os pequenos tamén se fan maiores

Os nenos e nenas das Escolas de Educación Infantil de Coirós e Paderne adscritas ao noso centro recibiron a visita da Señora Patata (a axudante de Lucía, a orientadora), para convidalos a visitar o seu novo colexio o vindeiro 12 de Xuño. Esperámosvos con moita ilusión.

  

Interesantes charlas informativas

Pinchando neste enlace podedes acceder a información sobre unhas charlas informativas gratuitas orgfanizadas pola Clínica Assistens en A Coruña sobre educación emocional e Neurofeedback, os días 8 e 15 de maio.

Pinchade aquí

Distribuir contido