blogue de_Orientación

Facémonos maiores...

A semana pasada, os alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria  visitamos as instalacións do IES Francisco Aguiar para coñecer o centro ao que asistiremos a maioría de nós o vindeiro curso.

Fixémonos maiores e tócanos enfrentarnos a unha nova etapa da nosa vida. Estamos nerviosos pero ilusionados!.

Se pincahades aquí podedes acceder ás fotos da visita.

Para as familias, desde o Departamento de Orientación elaboramos un folleto informativo sobre o Paso á ESO que esperamos sexa do voso interese. Pinchade na imaxe para acceder ao documento ou aquí.

 

Preparados, listos.....

Xa está casi todo listo para celebrar as IV Xornadas de Formación e Sensibilización sobre a Atención á Diversidade que un ano máis organizamos os centros educativos públicos de Betanzos con moita ilusión para profesorado e familias.

Vémonos o 29 e 30 de maio na Aula de Cultura Xulio Cuns (Liceo). Pinchade aquí para ver programa.

11 de Abril: un día con moita formación.

Este sábado día 11 contamos con dúas propostas formativas gratuitas para familias e profesorado moi interesantes que desde o DO recomendamos:

2 DE ABRIL: DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN DEL AUTISMO

Para sensibilizar y dar a conocer a todo el alumnado el Autismo, con la finalidad de favorecer su comprensión e inclusión en el aula ordinaria, y para que algún día no haya que conmemorar el 2 de Abril, hemos adaptado el cuento " ¿Quieres conocerme? Autismo" de Editorial Salvatella.

 

 

21 de Marzo: Día Mundial do Síndrome de Down

O 21 de Marzo  celébrase o Día Mundial do Síndrome de Down. O síndrome de Down é unha alteración xenética producida pola presencia dun cromosoma extra (ou unha parte de el) na parella cromosómica 21, de tal xeito que as células de estas persoas teñen 47 cromosomas con tres cromosomas en dito par (de ahí o nome de trisomía 21), cando o habitual é que só existan dous. Pero ... "La vida no va de cromosomas",  non hai diferencias entre os nenos con e sen discapacidade.

 

 

Para acercar aos nosos alumnos a esta realidad os recomendo a lectura destes libros:

"Downtown" para os máis maiores e "La tortuga Marian" para os pequenos.

 

Facer visible o invisible

25 de febreiro, Día Internacional do Implante Coclear

O pasado mércores conmemorouse  o 58 aniversario do primeiro Implante Coclear. Esta axuda técnica permitiu achegar a fala por vía auditiva ás persoas con deficiencia auditiva profunda.

Pinchade aquí para ver vídeo de conmemoración

 

Aquí vos deixamos o acceso  a Historia de Lucas, un neno con Implante Coclear. Pinchade para acceder

En un divertido xogo "PONTE EN SU LUGAR". Pinchade para acceder

18 de febreiro, Día Internacional do Síndrome de Asperger

O Síndrome de Asperger é un trastorno do desenvolvemento incluido dentro do espectro autista. Implica unha falta de empatía, dificultades para entender a ironía e o sarcasmo e nas habilidades sociais, ás veces, problemas motrices, na autonomía persoal, intereses restrinxidos...

(Imaxe de "El Sonido de la Hierba al Crecer")

 

Para comprender mellor ás persoas con Síndrome de Asperger recoméndase o Documental "PLANET ASPERGER. TENGO UN DESEO" que se pode ver hoxe ás 20.00h. en A Coruña, Centro Ágora. 

Hai que velo!!!

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2015-2016

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros sotidos con fondos públicos para o vindeiro curso.

Para máis información pinchar aquí.

MERENGUE POLA PAZ!

O vindeiro venres conmemórase o Día Escolar pola Paz e a non Violencia. Ímolo celebrar dun xeito moi doce e a ritmo de .... MERENGUE!!

Veremos o fermoso conto "Roque o Carteiro" e entre todos faremos merengue de cores para podelo compartir, como símbolo de amizade, despois de bailar todos xuntos a ritmo de merengue.

 

 

Que decides? Guerra ou merengue?

Distribuir contido