blogue de_Orientación

ABRE LOS OJOS: RECONOCE LA NARCOLEPSIA EN LA ESCUELA

Desde la Asociación Española de Narcolepsia, nos facilitan el díptico informativo que podéis descargar desde el archivo adjunto, para dar a conocer este trastorno neurológico que perturba el ciclo del sueño/vigilia y que afecta a los estudiantes en el rendimiento académico y estado de ánimo.

FELIZ 2015!

Desde o Departamento de orientación do CEIP Francisco Vales Villamarín vos desexamos un Feliz Ano, cheo de saúde e cores para tod@s.

 

 

Recomendacións para o Nadal

Achégase o Nadal e con el os agasallos de o Apalpador,  Papá Noel e/ou Reis Magos.

Desde o Departamento de Orientación achegamos unha serie de recomendacios sobre os xoguetes que consideramos son máis axeitados para escribir na carta.

Aproveitamos para desexar a toda a Comunidade Educativa BO NADAL!

3 de Decembro: Día das Persoas con Discapacidade

Un ano máis, a nosa escola celebrará,  con un montón de actividades relacionadas coas cores,  o 3 de Decembro Día Internacional das Persoas con Discapacidade,,  englobado dentro dun proxecto máis amplo de atención á diversidade.

Comezamos coa lectura do magnífico libro " Las Ciudades de Colores" de María Bautista e Raquel Blazquez, para posteriormente, entre todos, encher o colexio de cores con cidades de cores, cordas de cores, mandalas, pictogramas...

Para ver o conto adaptado a pictogramas pinchade aquí.

 E tamén, ao longo da semana, veremos e reflexionaremos sobre a curta de " Cuerdas" 

Este ano colaboran con nós neste proxecto as escolas Unitarias de Coirós. Desde aquí agradecer o seu magnífico agasallo: unha fermosísima cidade de cores!. Cando estea rematada a exposición amosaremos as fotos. De momento un aperitivo...

 

PREMIO NACIONAL DE EDUCACIÓN!

Estamos de noraboa!!

O noso centro é gañador do Premio Nacional de Educación 2014 polo proxecto " Atención a la diversidad a través de la Sensibilización y la Formación Permanente. ¿Seguimos o plantamos?".

 Pinchade na imaxe para ver o proxecto presentado

 

 

Desde o curso 2011-2012 o noso centro leva a cabo un proxecto de sensibilización e formación sobre a atención á diversidade para toda a comunidade educativa e  así, poder construir unha escola pensada en e para TODOS, partiendo do concepto de diferencia como un valor e un reto en sí mesmo. Un proxecto que vai crecendo e ao que cada ano súmase máis xente.

“¿Seguimos ou plantamos?” é o  comenzo das xornadas de formación do pasado curso académico 2013-2014: toda a comunidade educativa seguimos, un ano máis, a formarnos para mellorar a educación do nosos alumnos/as e fillos/as. Pero tamén plantamos: plantamos na nosa comunidade os principios que nos leven a acadar unha escola de calidade, que de resposta á diversidade personal, cultural, social…que a caracteriza e a enriquece, sabendo que a forma de acadalo é a través do traballo en equipo, coa participación activa de todos os axentes educativos.

Desde o Departamento de Orientación queremos dar as gracias as todos os que fixéchedes posible este premio: compañeiros e compañeiras que colaborades en todo, que tedes interés pola formación que mellore a vosa práctica docente en xeral e a atención á diversidade en particular, aos diferentes equipos docentes que dinamizades o proxecto (Biblioteca, TICs, Actividades Complementarias e Extraescolares...),  ao Equipo Directivo por crer nunha educación de calidade para o alumnado con nee e loitar pola verdadeira escola inclusiva, ao ANPA sempre dispostos a colaborar e propoñer iniciativas en prol da calidade educativa, partindo dunha crítica constructiva, ao Concello por crer no noso proxecto e poñer todos os recursos necesarios á nosa disposición, ao CFR, familias... A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA.

Para acceder ás actividades, imaxes, recursos.. podedes pinchar aquí.

Para ler noticias de prensa acceder aos enlaces:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/2014/11/22/ministerio-educacion-premia-vales-villamarin/0003_201411H22C10995.htm

http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2014/11/22/vales-valemos/901711.html

Formación interesante: Xornadas AGPETAL

A Asociación Galega de Profesorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe (AGPETAL) organiza as súas XIV Xornadas os días 12 e 13 de decembro en A Coruña, cunha temática moi interesante: Trastornos do desenvolvemento en educación infantil. Estratexias e técnicas de intervención en comunicación e conducta.

Para inscribirse hai que enviar boletín de inscripción e xustificante de pago a: agpetal@gmail.com

 

  

Autismo

Desde a Federación Autismo Galicia fixéronnos chegar información para a Comunidade Educativa que poño á vosa disposición.

 

 

 

I Xornada cara unha Escola Inclusiva

A Asociación ANHIDA está a organizar unha interesantísima Xornada sobre TDAH, altas capacidades, dislexia, trastornos específico da linguaxe e Asperger. Celebraranse en A Coruña o 24 e 25 de outubro. Para máis información e apuntarse pinchade no enlace.

http://escolainclusiva.es/

A pérdida dun ser querido

Afrontar a pérdida dun ser querido é un proceso doloroso, longo e complicado. Desde o Departamento de Orientación intentaremos axudar  a todo o alumnado que se vexa neste duro trance e ás súas familias, poñendo todo o que estea da nosa man. Contade con nós para todo o que precisedes.

 

 

 

 

Distribuir contido