blogue de_Orientación

18 de febreiro: Día do Síndrome de Asperger

Máis información en Orienta Galicia

 

 

Máis información sobre o vídeo aquí.

PASO Á ESO

Este martes día 16, ás 16:30, na sala de usos múltiples terá lugar unha charla para as familias do alumnado de 6º EP para falar, entre outras cousas do cambio de Etapa. Para quen lle interese,  deixo neste enlace a presentación elaborada polo DO.

No Antroido.... tamén soñamos!

O pasado venres día 5 toda a Comunidade Educativa disfrutamos dun fermoso día de Antroido. Da man de Madelin e Virutas, divertímonos unha vez maís coa cociña e a horta, dentro do proxecto "Para que as cousas sucedan primeiro hai que soñalas" que  levamos traballando ao longo deste curso. Nesta xornada deuse boa conta dos valores que guían o noso día a día (a paticipación, colaboración, o respeto, a amizade..) disfrutando con bo humor e boa música e baile TOD@S XUNT@S. Demostramos unha vez máis que xuntos (familias, alumnos, mestres, comunidade educativa en xeral) podemos acadar todos os noso soños. Parabéns e Feliz Antroido!

Radio Vales

O noso centro, baixo a coordinación  do EDNL,  volve retomar Radio Vales, esta vez cun novo programa "Construíndo Soños" realizado polo alumnado de 6º EP. Este primeiro programa está relacionado coa sensibilización e formación sobre a discapacidade sensorial. 

Podedes escoitalo a través do blog "Non te cortes coa lingua" ou  no seguinte enlace.

Parabéns a todos os protagonistas e colaboradores deste primeiro programa e...SEGUIDE A CONSTRUÍR SOÑOS!!!

Axudas para familias con nenos/as con discapacidade auditiva

FAXPG, grazas á Fundación Solidariedade Carrefour e ao convenio de colaboración asinado con GAES, realiza unha convocatoria de axudas materiais dirixidas preferentemente a familias con nenos/as de 0 a 6 anos que teñan unha discapacidade auditiva, e con escasos recursos económicos.

Para máis información pinchade aquí.

 

 

BO NADAL E FELIZ 2016!

QUE AS CORES DO CAMIÑO GUIEN OS SOÑOS QUE PERSEGUIMOS

E así conmemoramos o 3 de Decembro: Día das Persoas con Discapacidade

3 de Decembro: Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Un ano máis, imos conmemorar o 3 de Decembro, o Día das Persoas con Disacapacidade. Ao longo da semana serán varias as actividades a realizar co noso alumnado (lectura de contos, reflexións, murais,  programa de radio sobre a discapacidade sensorial, charla impartida pola ONCE, sensacións na aula de cociña e receitas en prol da diversidade....). Na presentación que atoparedes pinchando na imase podedes acceder ao punto de partida.

25 de novembro: Día Internacional contra a Violencia de Xénero

 

Para poder erradicar da nosa sociedade a violencia contra a muller é preciso  transmitir familia, escola e sociedade en xeral, unha educación baseada no principio de iguladade entre sexos e a non discriminación por este motivo. Debemos educar na igualdade desde a diferencia.

E, por onde comezar co noso alumnado?. No blog  de Leo e Mariña tedes unha magnífica selección de recursos (pinchade aquí para acceder).

Unha proposta... Un bo comezo sempre son as cores e no libro  "Cuentos para antes de despertar" de Nunila López e Miryam Camero podemos atopar o magnífico conto  "Los Colores" que podedes ler aquí.

 
No blog "Educando en Igualdad" podedes atopar un montón de recursos moi interesantes para a aula.
E para reflexionar, xa que estamos preto do Nadal...

Formación para profesorado sobre Síndrome de Asperger

Para poder ofrecer unha verdadeira ensinanza de calidade (de cores) a TODO O o noso alumnado  é fundamental, por unha parte, a formación continuada  do profesorado e, por outra banda, a colaboración e coordinación con asociacións e entidades que traballan en prol da súa educación.

Este martes día 24, ás 16,00 h. temos a sorte de recibir unha charla para o profesorado sobre o Síndrome de Asperger, impartida gratuitamente pola Asocición ASPERGA.

 

Agradecemos sinceramente a súa iniciativa e colaboración.

 

Grazas!

Distribuir contido